Canon por copia privada

A remuneración compensatoria por copia privada ou canon por copia privada é unha taxa aplicada a diversos medios de gravación e cuxa recadación reciben os autores, editores, produtores e artistas, asociados a algunha entidade de xestión de dereitos de autor, en compensación polas copias que se fan dos seus traballos.

Contemplouse por primeira vez na lexislación española na Lei 22/1987, de 11 de novembro, de Propiedade intelectual [1]. No artigo 25 do texto refundido da Lei de Propiedade intelectual española (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, durante o último goberno en funcións de Felipe González)[2], tamén se regulou a pretensión compensatoria resultante dunha presunta afectación do dereito patrimonial de autores, editores, artistas, produtores audiovisuais e fonográficos, cando o comprador realiza copias para uso privado. A lei obriga a exercitar o cobro a través das entidades de xestión colectiva (SGAE, AIE e AGEDI). Por isto denomínase como un "dereito de remuneración de xestión colectiva forzosa".

O canon por copia privada cóbrase no estado español aos fabricantes e importadores dos equipos, aparatos e materiais que serven para a gravación de obras musicais o audiovisuais. Así e todo, a SGAE indica que a Lei de Propiedade intelectual considera responsables solidarios do pagamento da remuneración aos distribuidores, por xunto ou polo miúdo, sucesivos adquirentes, se na factura dos seus provedores non aparece desagregado o importe da remuneración.

En setembro de 2003 comezouse a aplicar aos CDs e DVDs virxes como resultado dun acordo entre as entidades de xestión de dereitos de autor (coa SGAE á fronte) e a ASIMELEC. Isto provocou gran balbordo porque resultaba evidente que estes soportes úsanse de ote para outras fins alleas á copia privada, e porque dito acordo negociouse sen a participación nin presenza de consumidores e autoridades.

Segundo as cifras que publica a propia SGAE, entre os anos 2003 e 2005 a súa recadación medrou case 12% e sitúase en 300 millóns de euros.

A reforma da Lei de Propiedade intelectual de 2006, prohibe expresamente o canon sobre o ADSL e sobre os discos duros, con algunhas limitacións[Cómpre referencia].

Contía do canon

editar

A contía do canon segundo publica[3] a Sociedad General de Autores y Editores, depende do tipo de equipo (analóxico ou dixital) e do destino do soporte. As tarifas vixentes na actualidade (xaneiro de 2008) son as seguintes:

  • Equipos analóxicos
    • Son
      • Gravadores / reprodutores: 0,60 € por unidade.
      • Soportes de gravación: 0,18 €/hora ou 0,0030005 €/minuto.
    • Vídeo
      • Gravadores / reprodutores: 6,61 € por unidade.
      • Soportes de gravación: 0,30 €/hora ou 0,005006 €/minuto.
  • Equipos dixitais
    • Son
      • Reprodutores de son: 0,60 € por unidade.
      • Soportes específicos de son: 0,35 €/hora ou 0,006 €/minuto.
    • Vídeo
      • Reprodutores de vídeo: 6,61 € por unidade.
      • Soportes específicos de vídeo: 0,70 €/hora ó 0,011667 €/minuto.
    • Mixtos
      • Discos compactos (CD), regravables ou non: 0,16 €/hora ou 0,002667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 525,38 megabytes. Nestes soportes estímase que o 87,54% da recadación corresponde a reprodución sonora e o 12,46% a visual ou audiovisual.
      • Discos versátiles (DVD), regravable ou non: 0,30 €/hora ó 0,011667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 2,35 xigabytes. Neste caso estímase que é o 3,43% o correspondente a reprodución sonora e o 96,57% á audiovisual.

* Nota: Ao importe final hai que engadirlle o IVE.

A reforma da Lei de Propiedade intelectual aprobada en decembro de 2007 introduciu unhas novas tarifas[4], actualmente pendentes da súa publicación e entrada en vigor, para esta taxa que queda da seguinte forma:

Importe do canon por unidade
Grupo I: Equipos de gravación Grupo II: Soportes de gravación Grupo III: Equipos multifunción e copiadoras
Categoría Compensación Categoría Compensación Categoría Compensación
Gravadora CD 0,60 € Soporte CD-R 0,17 € Multifunción de inxección de tinta 7,95 €
Gravadora CD/DVD 3,40 € Soporte CD-RW 0,22 € Multifunción láser 10,00 €
Gravadora DVD de sobremesa 3,40 € Soporte DVD-R 0,44 € Escáner 9,00 €
Discos duros non excluídos 12,00 € Soporte DVD-RW 0,60 € Copiadoras ata 9 ppm 13,00 €
Gravadora de TV sobre disco duro 12,00 € Memoria USB/Flash 0,30 € Copiadoras de 10 a 29 ppm 127,70 €
MP3 3,15 € Copiadoras de 30 a 49 ppm 169,00 €
MP4 3,15 € Copiadoras de 50 a 69 ppm 197,00 €
Teléfono móbil con MP3 1,50 € Copiadoras de 70 ou máis ppm 227,00 €

Estas cifras calculáronse sobre a base dos dados manexados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que estimaban os danos e perdas anuais correspondentes á modalidade de reprodución de obras divulgadas en forma de libros ou asimiladas é de 34 786 128 €, e o correspondente á modalidade de reprodución de fonogramas ou outros soportes sonoros e de reprodución visual ou audiovisual é de 75 362 883 €.

Defensores do Canon

editar

Independentemente da posible consideración económica destes conceptos (ingreso coercitivo, remuneración da propiedade intelectual, case-imposto etc.) a Teoría económica indica que este incremento dos custos tradúcese necesariamente nun incremento de prezos en proporción ás elasticidades relativas de demandantes (consumidores) e ofertantes (neste caso, empresas cuxos produtos están suxeitos á exacción)[Cómpre referencia]. Adóitase considerar que debido ás características da demanda, os consumidores son os axentes económicos sobre os que se repercuten en maior medida estes custos engadidos [Cómpre referencia].

Segundo declararon os defensores do canon, este permite a protección da cultura autóctona e fomenta a aparición de novos talentos[Cómpre referencia]. Ademais expresaron que tamén deberíase estender ás liñas ADSL, routers/antenas WiFi e, de ser posible, a calquera outro soporte que permita o almacenamento, reprodución e distribución de obras musicais o audiovisuais (ex. discos duros, chaveiros USB)[Cómpre referencia].

Obxeccións ao canon

editar

O canon foi moi contestado por moitos consumidores, dando lugar a distintas campañas, sobre todo en Internet. Estes consideran que o canon é arbitrario, xa que non hai control de qué obras musicais son realmente utilizadas cando se reparten os cartos os autores. Segundo os avogados da SGAE en diversas charlas sobre o tema, este repartimento realízase de forma proporcional á «importancia» do autor. O canon tamén a quen usa cintas, CD o DVD para gravar a súa propia música, datos persoais ou material que non pertenza a socios da SGAE. Este feito levou a suxerir aos detractores do canon que este vulnera a presunción de inocencia, garantida na Constitución Española, xa que presume que toda persoa que adquirir un soporte gravable virxe, vaino empregar para copiar material registrado[5]. Segundo a lexislación, pódense definir excepcións ao canon para certas asociacións, aínda que na actualidade parece que nunca se aplicou.

Se a SGAE aplica nas súas estimacións dita relación de substitución (1 copia = 1 venda), poderíase considerar que as valoracións de dito organismo referentes á minoración de ingresos derivadas da copia privada están, en enorme medida, sobrevaloradas e condicionadas polo interese de maximizar o canon. Se a SGAE corrixe esas cifras considerando que 1 copia < 1 venda, debería recoñecerse que non se está a formular correctamente o tema na súas declaracións públicas.

Houbo moitos casos en que se tratou de cobrar o canon a establecementos que puñan unicamente música de autores alleos á SGAE, ou se ameazou con denunciar aos mantedores de páxinas que distribuían música con permiso dos seus autores, ou da que eran autores.

  1. http://www.derecho.com/xml/disposiciones/trini/disposicion.xml?id_disposicion=33864
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 03 de marzo de 2008. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 03 de marzo de 2008. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2008. Consultado o 03 de marzo de 2008. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2008. Consultado o 03 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 4