Cantautor, cantautora
Cantautor é un artista que, por norma xeral, adoita escribir e interpretar a letra e a música das súas propias cancións. Nas súas cancións acostuma incorporar temáticas sociais, políticas e filosóficas. Durante un tempo denominouse a este tipo de música canción protesta.
Historia
editarA canción de autor ten unha gran tradición nos países de cultura mediterránea de Europa e na maior parte de América Latina. É un xénero reivindicativo, que critica as inxustizas sociais e que xera sobre todo, cancións sobre o tema do amor e o desamor. Este tipo de música tivo a súa época dourada nos anos 60 e 70 (ligado aos movementos sociais e políticos que se estaban desenvolvendo nesa época). Nos anos 80 entrará en crise, aínda que iso non significa que non aparecesen novos cantautores durante este período.
Durante os 90 rexurdiu cunha nova fornada de novos autores que revolucionaron a tradicional música de autor; así a todo, moitas veces interpretouse este rexurdimento da canción de autor (de carácter menos reivindicativo ca en décadas anteriores) como unha campaña das discográficas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Música de autor (en castelán)
- O recuncho do cantautor Arquivado 12 de febreiro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)
- Cantautores do mundo (en castelán)
- Cancioneiro e discografía de cantautores