Caránxidos
Carangidae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xurelos (Trachurus trachurus) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Alectis |
Os caránxidos[1][2][3] (Carangidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas temperadas ou tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
editarPresentan formas variables pero en xeral son de corpo medianamente alargado e algo comprimido, con escamas débiles, ausentes ou pouco visibles. A liña lateral pode estar cuberta por unha crista de escudetes espiñosos ou aquillados (como, por exemplo, o xurelo).
Posúen dúas aletas dorsais separadas. A primeira é espiñosa e con tendencia a reducirse, ata converterse nalgúns casos nalgunhas espiñas illadas; a segunda está formada por raios brandos e é longa e ben desenvolvida, como tamén o está a aleta anal; diante desta, dúas espiñas. As pectorais, usualmente longas e falciformes, e as pelvianas cunha espiña e cinco raios brandos; aleta caudal moi bifurcada.
Son especies depredadoras e viven en augas abertas.
Clasificación
editarDivídense en 30 xéneros e unhas 150 especies:
- Xénero Alectis
- Xénero Alepes
- Xénero Atropus
- Xénero Atule
- Xénero Campogramma
- Xénero Carangoides
- Xénero Caranx
- Xénero Chloroscombrus
- Xénero Decapterus
- Xénero Elagatis
- Xénero Gnathanodon
- Xénero Hemicaranx
- Xénero Lichia
- Xénero Megalaspis
- Xénero Naucrates
- Xénero Oligoplites
- Xénero Pantolabus
- Xénero Parastromateus
- Xénero Parona
- Xénero Pseudocaranx
- Xénero Scomberoides
- Xénero Selar
- Xénero Selaroides
- Xénero Selene
- Xénero Seriola
- Xénero Seriolina
- Xénero Trachinotus
- Xénero Trachurus
- Xénero Ulua
- Xénero Uraspis
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caránxidos.
- ↑ Definición de caránxido no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ BUSCatermos caránxidos
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caránxidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caránxidos |