Carballo Tamme-Lauri
O Carballo de Tamme-Lauri (en estoniano: Tamme-Lauri tamm; en võro: Tammõ-Lauri tamm) é a árbore máis grosa e máis antiga de Estonia e está situada no municipio rural de Antsla, no condado de Võru.[1]
Caracterización
editarO carballo ten unha altura de 19 metros, a súa circunferencia mide 821 centímetros (medida a 130 centímetros de altura desde o chan).[1][2]
Segundo cálculos dos investigadores, a árbore naceu arredor de 1326.[3]
Historia
editarEste carballo foi alcanzado por raios en varias ocasións, o que danou varias das súas pólas e baleirou o centro do seu tronco, aínda que segue a ser viable. Durante a súa restauración na década de 1970 atopouse dentro del un acocho antigo dos "Irmáns do Bosque" (metsavennad), un movemento de resistencia contra a ocupación soviética, no que podían estar de pé sete persoas. Finalmente, o oco encheuse con oito toneladas de cemento.[4][5]
O carballo goza de protección oficial desde 1939.[1] O terreo onde se atopa foi adquirido polo Ministerio do Ambiente de Estonia en 2006 por 400.000 coroas estonianas.[6]
A denominación de Carballo Tamme-Lauri vénlle da granxa homónima que, pola súa vez, recibiu o seu nome dun espírito que antigamente se pensaba que habitaba na árbore, portador ás veces de mala sorte e ás veces de boa; era o espírito do lume e o seu nome era Laurits.[5] O Carballo Tamme-Lauri aparece representado nos reversos dos billetes de dez coroas estonianas.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Tamme-Lauri tamm". Keskkonnaregistri avalik teenus.
- ↑ "Tamme-Lauri tamm". Urvaste Vald.
- ↑ "Kuningas elab veel 700 aastat". En Eesti Ekspress. 4 de novembro de 2003.
- ↑ "Tamme-Lauri tamm vahetab omanikku". En Postimees. 5 de setembro de 2006.
- ↑ 5,0 5,1 "Tamme-Lauri oak". Võrumaa. Southern Estonia.
- ↑ "Riik maksab hiidtamme eest 400 000 krooni". En Postimees. 15 de novembro de 2006.
- ↑ "Estonian kroon banknotes Arquivado 01 de abril de 2021 en Wayback Machine.". Eesti Pank.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballo Tamme-Lauri |