Carcarriniformes
orde de peixes
Carcarriniformes Carcharhiniformes Rango fósil: Cretáceo temperán - actualidade [1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tiburón de á negra (Carcharhinus melanopterus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
A dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) é unha orde de peixes elasmobranquios selaquimorfos, o dominante na fauna mundial de tiburóns, con ao redor de 270 especies descritas.
Entre elas encóntranse algunhas tan coñecidas como a quenlla, o melgacho, os cazóns, a zapata ou o peixe martelo.[2]
Características
editar- Os carcarriniformes presentan unha gran diversidade de formas e tamaños; os típicos teñen o corpo alongado, fusiforme, hidroninámico, e forte.
- Cabeza grande con fociño alongado.
- Boca grande, con dentes que varían desde pequenos e afiados ou aplanados, até grandes e en forma de coitelo. Carecen de dentes trituradores inferiores.
- Nos ollos, a pálpebra inferior constitúe unha membrana nictitante accionada por músculos especiais.
- Teñen unha aleta anal e dúas aletas dorsais, sen espiñas.[Cómpre referencia]
Hábitat
editar- Son moi comúns nas augas tropicais, pero tamén se encontran en augas temperadas.
- A maioría das especies son peláxicas, pero tamén as hai bentónicas (de augas profundas).[Cómpre referencia]
Familias
editarA orde dos carcarriniformes comprende nove familias:[3]
- Carcharhinidae Jordan & Evermann, 1896
- Hemigaleidae Hasse, 1878
- Leptochariidae Gray, 1851
- Pentanchidae Smith, 1912
- Proscylliidae Fowler, 1941
- Pseudotriakidae Gill, 1893
- Scyliorhinidae Gill, 1862
- Sphyrnidae Bonaparte, 1840
- Triakidae Gray, 1851
Notas
editar- ↑ Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Charcharhiniformes en FishBase (xaneiro de 2009). Consultada o 12/11/2012.
- ↑ Rodríguez Villanueva & Vázquez 1992.
- ↑ Carcharhiniformes no WoRMS. Consultado o 31 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carcarriniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carcarriniformes |
Bibliografía
editar- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
- Muus, B. J. e P. Dahlström (1971): Guía de los peces de mar del Atlántico y el Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Carcharhiniformes no ITIS. Consultado o 09/02/2021.
- Carcharhiniformes na ADW. Consultada o 12/11/2012.
- Carcharhiniformes no NCBI. Consultado o 12/11/2012.
- Carcharhiniformes na EOL. Consultada o 31/03/2022.