Cardeal europeo

paxaro

O cardeal europeo[2], tamén coñecido como paporroibo real[3] (Pyrrhula pyrrhula) é un pequeno paxaro da familia dos frinxílidos.

Características

editar

É un pequeno paxaro, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. Tanto o macho como a femia teñen unha fita branca nas ás.

Hábitat

editar

É un paxaro común en Europa e nas zonas tépedas de Asia. É fundamentalmente unha ave estábel, pero os exemplares que viven nas rexións máis setentrionais realizan migracións cara ao sur no verán. Vive tamén en parques e xardíns, e prefire os bosques de coníferas.

Comportamento

editar
 
Femia (esquerda) e macho (dereita) de cardeal
 
Pyrrhula pyrrhula europoea
Pyrrhula pyrrhula

Fai o niño en árbores e arbustos, con postas de entre catro e sete ovos. Aliméntase sobre todo de sementes e de abrochos de froiteiras.

Viven en parella ou en familias reducidas, e non forman grandes comunidades nin bandadas. Como dato curioso, os espermatozoides do cardeal son redondeados e cun acrosoma romo, feito non frecuente entre os paseriformes.

O Cardeal dos Azores, que nun comezo se crera unha subespecie deste cardeal, agora tense por unha especie de seu.

  1. BirdLife International (2012). "Pyrrhula pyrrhula". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paporroibo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 3
todo 2