Carlow
Carlow (en irlandés Ceatharlach) é unha pequena cidade de 20.000 habitantes do Condado de Carlow, en Irlanda. Está situada a 84 km ao suroeste de Dublín, á beira do río Barrow.
Ceatharlach (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Leinster | |||
Condados | Condado de Carlow | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 24.272 (2016) (194,64 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 124,7 km² | |||
Altitude | 57 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | R93 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | carlow.ie |
Nome
editarA orixe do nome en irlandés da cidade é aínda motivo de controversia. A pesar de que a meirande parte pensa que significa Catro Lagos, algúns din que se trata da unión das palabras ceatrha (gando bovino) e mulclach (lugar para porcos).
Historia
editarA cidade foi fundada en 1180 por Guillerme o Mariscal, Conde de Pembroke e Rei de Leinster coa finalidade de fortificar un camiño frecuentado á beira do río Barrow. Guillerme o Mariscal fixo construír o impoñente Carlow Castle.
O mosteiro de St. Mullins estaba situado na mesma rexión dende o século VII.
En 1650, durante a Conquista da Irlanda, tida en Carlow foi cercada polas forzas dos parlamentares ingleses, a fin de axilizaren o Cerco de Waterford e a capitulación da cidade.
Durante a Rebelión Irlandesa de 1798 Carlow viviu un masacre de 600 rebeldes e civís nun ataque á cidade vencido polos irlandeses Unidos, coñecida como Batalla de Carlow. A Liberty Tree escultura en Carlow, deseñada por John Behan, conmemora os acontecementos de 1798. Os rebeldes mortos da cidade de Carlow están enterrados no Croppies Grave, en Graiguecullen, Condado de Carlow.
No século XIV construíronse máis castelos na cidade, coma: Ballyloughan Castle, Ballymoon Castle, Leighlinbridge Castle e Tower House. O Colexio de St. Patrick foi creado en 1793.
Lugares de interesse
editar- Un dos marcos máis notables da Carlow é o Brownshill Dolmen, situado en Hacketstown Road.
- A Carlow Courthouse situada no final de Dublin Street. Foi deseñado por William Morrison Vitruvius en 1830 e concluído en 1834.
- O Carlow Castle probablemente foi construído entre 1207 e 1213 por Guillaume de Maréchal. Apenas se conserva o muro occidental e dúas torres. Está localizado ás marxes do río Barrow próximo ao centro de Carlow.
- O Carlow Town Hall está situado no lado norte da Haymarket, e foi o centro comercial de Carlow. Unha serie doutros mercados estaban localizados ao redor da cidade, incluíndo o mercado de pataca e o mercado de manteiga. A Cámara Municipal foi proxectada polo arquitecto William Hague en 1884.