Carpaza macho
Carpaza macho | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cistus populifolius' L. |
A carpaza macho[1] ou estevón (Cistus populifolius), é unha especie fanerógama pertencente á familia Cistaceae.
Distribución e hábitat
editarAparece na Península Ibérica e no sur de Francia (Narbona). Abunda en Andalucía, Estremadura e metade sur de Portugal. Aparece tamén en gran parte de Galicia, a cornixa cantábrica e as illas Baleares.
Medra nos mesmo lugares ca esteva (Cistus ladanifer) ocupando os lugares máis umbríos (por ser especie menos heliófila) e máis frescos.
Descrición
editarÉ unha planta do mesmo tamaño ca Cistus laurifolius. As súas follas son simples, opostas, longamente pecioladas, estreitadas na punta e acorazonadas na base, de xeito que se poden asemellar ás do lamigueiro (Populus spp.). As flores nacen en longos pedúnculos en forma de corimbos e son brancas e moi vistosas polo que, ás veces cultívase coma planta ornamental.
Taxonomía
editarCistus populifolius foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 523. 1753.[2]
Cistus: nome xenérico que deriva do grego kisthós latinizado cisthos = nome dado a diversas especies do xénero Cistus L. Algúns autores pretenden relacionala, pola forma dos seus froitos, coa verba grega kístē = "caixa, cesto".[3]
populifolius: epíteto latino que significa " con follas como as do lamigueiro (xénero Populus").[4]
- Cistus cordifolius Mill.
- Cistus latifolius Sweet
- Cistus populifolius [ß] marianus Willk.
- Cistus populifolius [a] psilocalyx Willk.
- Cistus populifolius [alfa] narbonensis Willk.
- Cistus populifolius [b.] lasiocalyx Willk.
- Cistus populifolius f. marianus (Willk.) Grosser in Engl.
- Cistus populifolius f. narbonensis (Willk.) Grosser in Engl.
- Cistus populifolius subsp. major (Dunal) Heywood
- Cistus populifolius L. subsp. populifolius L.
- Cistus populifolius var. celtibericus Pau
- Cistus populifolius var. major Dunal in DC.
- Cistus populifolius var. minor Dunal in DC.
- Cistus populifolius L.
- Ledonia populifolia var. cordifolia Spach
- Ledonia populifolia var. longifolia Spach
- Ledonia populifolia (L.) Spach
- Libanotis populifolius (L.) Raf.[5]
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
- ↑ "Carpaza macho". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ En Flora Vascular
- ↑ en Nomes Botánicos
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carpaza macho |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carpaza macho |