Catarina de Gales
Catarina, duquesa de Cambridge, nada como Catherine Elizabeth Middleton, en Reading, Berkshire, o 9 de xaneiro de 1982, é a esposa do príncipe Guillerme, duque de Cambridge. Antes do seu matrimonio, era coñecida popularmente como Kate Middleton.
Primeiros anos
editarCatherine foi a primeira filla de tres irmáns nacida de Michael Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). Os seus irmáns son Pippa Middleton e James Middleton.
A duquesa Catarina creceu no condado de Berkshire. Asistiu a Marlborough College e posteriormente ingresou na Universidade de St Andrews. Alí coñeceu ao príncipe Guillerme no ano 2001, quen tamén se atopaba estudando na mesma universidade. Empezaron a saír xuntos en 2003 e, aínda que tiveron unha breve ruptura en 2007, retomaron a súa relación.
Matrimonio e descendencia
editarA duquesa e Guillerme de Cambridge, entón coñecido coma Príncipe Guillerme anunciaron o seu compromiso en outubro de 2010. A voda celebrouse o 29 de abril de 2011, onde a sùa irmá, Pippa Middleton, foi a dama de honra. A voda foi moi comentada nos medios e retransmitida en directo en moitos países.
O 3 de decembro de 2012 anunciouse publicamente que a Duquesa de Cambridge estaba embarazada, esperando o seu primeiro fillo.[1] O príncipe George de Cambridge (George Alexander Louis)[2][3][4] naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013[5][6], é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.
O 2 de maio de 2015 naceu a súa segunda filla, a princesa Carlota de Cambridge.[7]
O 23 de abril de 2018 naceu o seu terceiro fillo, o príncipe Lois de Cambridge.
Notas
editar- ↑ Kate Middleton, embarazada do seu primeiro fillo.
- ↑ George Alexander Louis: el nombre elegido por el Príncipe Guillermo y Kate Middleton para su hijo, en Europa Press.
- ↑ Isabel II «regala» el título de «princesa» a una posible hija de Catalina y Guillermo, en ABC de España.
- ↑ Paul Saunders, alcalde de Cambridge y la propia ciudad orgullosa de su próximo príncipe o princesa, en Europa Press.
- ↑ Catalina da a luz a un niño, en El Mundo de España.
- ↑ "Nace el príncipe de Cambridge, en Informador de México.". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ "Charlotte Elizabeth Diana, a princesa levará un nome que contenta a todos". ABC. 4 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catarina de Gales |