Celtiberos
O termo celtiberos[1] acostuma usarse para as tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como os idiomas que estes grupos falaban, aínda que en realidade o termo celtibero se refire unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica, existindo outros con outros nomes (vetóns, vacceos, lusitanos, carpetanos etc.). Este pobo celtibero habitaba no oeste da Cordilleira Ibérica.[2] Os romanos considerábanos unha mestura de celtas e iberos,[3] diferenciándose así dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Hoxe sábese que os celtiberos foron un pobo de lingua e cultura celta.
Historia
editarAs primeiras referencias escritas sobre os mesmos débense a xeógrafos e historiadores grecolatinos (Estrabón, Tito Livio, Plinio e outros), aínda que o seu estudo, que arrinca do século XV, non adquire rango científico ata os inicios do século XX (marqués de Cerralbo, Schulten, Taracena, Caro Baroja etc.), cobrando renovado impulso nos últimos anos (Wenceslas Kruta). Pese a este excepcional acervo literario, aínda hoxe se discuten aspectos fundamentais para a súa definición: os confíns do seu terreo, a súa verdadeira personalidade ou a súa propia xenealoxía.
Con este termo adoita facerse referencia ás tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como aos idiomas que estes grupos falaban, aínda que, realmente, o termo celtibero refírese unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica existindo outros con outros nomes (vetóns, vacceos, lusitanos, carpetanos etc.). Este pobo celtibero, que habitaba na Cordilleira Ibérica e á que os romanos consideraban unha mestura de celtas e iberos, diferenciábase dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Pero esta idea de que os celtiberos son o resultado da unión dos celtas e os iberos é un erro que xa se deu en época romana. Hoxe sabemos que os celtiberos son un pobo de cultura celta, que recibe influencias dos iberos pola súa proximidade, pero en ningún caso son o resultado dunha mestizaxe entre ambas as culturas.
A xulgar polo rexistro arqueolóxico, os celtas chegaron á Península Ibérica no século XIII a.C. coa grande expansión dos pobos da Cultura dos Campos de Urnas, ocupando entón a rexión nordeste. No século VII a.C., durante a Cultura de Hallstatt expándense por amplas zonas da meseta e Portugal, chegando algúns grupos a Galicia. Con todo, trala fundación grega de Massallia (actual Marsella na Francia), os iberos volven ocupar, o val medio do Ebro e o nordeste peninsular aos celtas, dando pé a novos establecementos gregos (Empúries). Os celtas da Península quedaron así desconectados dos seus parentes continentais, de maneira que nin a cultura celta de La Tène nin o fenómeno relixioso do druidismo lles chegarían nunca[Cómpre referencia]. A cultura celta na Península Ibérica chegará ao seu final coa conquista romana, á que moitas tribos célticas se opuxeron.
Pobos celtiberos
editarOs autores antigos son moi concisos nas súas referencias a todas estas xentes. Os beróns, do mesmo xeito que os vascóns, só son nomeados, e moi parcamente, nas guerras sertorianas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celtibero.
- ↑ Os romanos chamábanlles Idoubeda
- ↑ Marcial no século I d. C., así os consideraba nun dos seus epigramas, "¿por que me chamas irmán a min, que descendo de celtas e de iberos e son cidadán do Teixo?". Ver: Epigramas de Marco Valerio
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Celtiberos |
Bibliografía
editar- Burillo Mozota, Francisco (2007). Los celtíberos - Etnias y estados (edición actualizada ed.). Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-949-7.
- Golasworthhy, Adrian (2002). Las guerras púnicas. Madrid: editorial Ariel. ISBN 8433466503
- Lorrio, Alberto J. (1997). Los Celtíberos. Murcia: Universidad Complutense de Madrid, ISBN 84-7908-335-2