Centenario dos Montreal Canadiens
O Centenario dos Montreal Canadiens foi celebrado polo equipo de hóckey sobre xeo dos Montreal Canadiens durante as tempadas 2008-09 e 2009-10, conmemorando o 100 aniversario do equipo máis laureado da National Hockey League. O 57º All-Star Game da NHL foi xogado no Centre Bell de Montreal, Quebec (Canadá) como parte das celebrations, así como o draft de 2009, que se celebrou no mesmo escenario no mes de xuño.
O 5 de abril de 2008, o logo do All-Star Game de 2009 foi desvelado en Montreal.[1]
Cerimonias de retirada de dorsais
editarComo parte das celebracións do centenario doequipo, os Canadiens retiraron os seguintes dorsais do equipo:
- 2005–06: Dickie Moore, Yvan Cournoyer (número 12); Bernard "Boom Boom" Geoffrion (número 5)
- 2006–07: Serge Savard (número 18); Ken Dryden (número 29)
- 2007–08: Larry Robinson (número 19); Bob Gainey (número 23)
- 2008–09: Patrick Roy (número 33)
- 2009–10: Elmer Lach (número 16); Emile Bouchard (número 3)
Eventos e iniciativas do centenario
editarO 24 de setembro de 2008, os Canadiens ofreceron unha rolda de prensa para anunciar todos os eventos que a franquía levaría a cabo:[2]
- Un conxunto de moedas de dólar conmemorativas sería acuñado pola Royal Canadian Mint.
- Un conxunto de selos conmemorativos sería emitido por Canada Post.[3]
- Un conxunto de 200 tarxetas do aniversario de Upper Deck.[4]
- Monopoly dos Canadiens.[4]
- Noites das camisolas do centenario nas que o equipo vestiu camisolas históricas nos seus partidos da NHL.
- Builder's night homenaxeando a adestradores do pasado.
- Inauguración do 'Centennial Plaza' nos exteriores do Centre Bell.
- Original Six salutes— cando os equipos do "original six" visitaron os Canadiens.
- Inauguración dunha pista ao aire libre para a comunidade.
- Un concerto da Orchestre symphonique de Montréal, que celebrou o seu 75 aniversario.
- Un filme, Pour toujours, les Canadiens![5][6]
- O videoxogo de EA Sports' NHL 09 incluíu o 'Centennial Montréal Canadiens', un equipo especial dos mellores xogadores da historia da franquía.[7]
A noite da estrea, a organización dos Canadiens deu a coñecer o Ring of Honour no Centre Bell, que consiste nunha exposición de todas as personalidades dos Montreal Canadiens que formaban parte daquela do Hockey Hall of Fame, e que está situada nas paredes traseiras da cuberta superior do pavillón.[8] O 4 de decembro de 2009, os Montreal Canadiens xogaron un "centennial game" no seu 100 aniversario da súa introdución como club de hóckey profesional. Xogaron contra os Boston Bruins e gañaron por un marcador de 5-1. Michael Cammalleri anotou o seu segundo hat-trick da tempada esa noite para os Canadiens.
Notas
editar- ↑ "Montréal Canadiens - News: Habs unveil 2009 NHL All-Star Game logo - 04/05/2008". Arquivado dende o orixinal o 17/02/2009. Consultado o 04/10/2015.
- ↑ "Habs unveil Centennial initiatives" (en inglés). Montreal Canadiens. 24 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ http://www.thestarphoenix.com/sports/story.html?id=2027895[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 "Stamps, Loonies part of Habs 100th anniversary celebration". TSN.ca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2009. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ "''Pour toujours, les Canadiens!'' à l'affiche en décembre 2009" (en francés). Cinoche.com. 16 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ "File: Sur le plateau de ''Pour toujours, les Canadiens!''" (en francés). Cinoche.com. 17 de setembro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ "Habs legends invade NHL09" (en inglés). canadiens.nhl.com. 20 de agosto de 2008. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ "Canadiens unveil Ring of Honour at Bell Centre". TSN.ca (en inglés). 15 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Club de hockey Canadien, Inc. (2008). "Montreal Canadiens History: Centennial News". canadiens.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2008. Consultado o 4 de outubro de 2015.