Cephalorhynchus
xénero de mamíferos
Cephalorhynchus | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cephalorhynchus commersonii | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Cephalorhynchus é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende catro especies que viven no hemisferio sur e que se caracterizan polo seu pequeno tamaño, a súa coloración branca e negra, e pola cabeza, cónica e acabada nun bico pouco marcado.[2]
Etimoloxía
editarO xénero foi descrito en 1846 por John Edward Gray,[3] e o nome que lle deu, Cephalorhynchus, deriva dos elementos compositivos do latín científico cephalo- (derivado do grego antigo κεφαλή kephalé, "cabeza"), e -rhynchus (derivado do grego ῥύγχος rhýnchos, "bico (de ave)", "fociño"), é dicir, "os de cabeza rematada en bico".
Taxonomía
editarO xénero comprende catro especies,[4] das que nunha delas algúns autores distinguen dúas subespecies:[1]
- Cephalorhynchus commersonii (Lacépède, 1804)
- Cephalorhynchus commersonii commersonii (Lacépède, 1804)
- Cephalorhynchus commersonii kerguelensis Robineau, Goodall, Pichler & Baker, 2007
- Cephalorhynchus eutropia (Gray, 1846)
- Cephalorhyncus heavisidii (Gray, 1828)
- Cephalorhynchus hectori (van Beneden, 1881)
- Cephalorhynchus hectori hectori van Beneden, 1881
- Cephalorhynchus hectori maui Baker, Smith e Pichler, 2002
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cephalorhynchus Gray, 1846 en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ Carwardine, M. (1995). pp. 198-205.
- ↑ Gray, J. E. (1846): Zool. Voy. H.M.S. "Erebus" and "Terror", 1: 36.
- ↑ Cephalorhynchus Gray, 1846 en ITIS.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cephalorhynchus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cephalorhynchus |
Bibliografía
editar- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cephalorhynchus en ADW.