Cerceta albela

Macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Anas
Especie: A. querquedula
Nome binomial
'Anas querquedula'
Linnaeus, 1758

A cerceta albela ou cerceta do estío[2] (Anas querquedula) e unha anátida de tamaño pequeno que habita na maior parte de Europa e oeste de Asia. É estritamente migratoria e desprázase no inverno a África, onde poden xuntarse bandos de moitos individuos. É unha das aves incluídas no "Acordo de conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia" AEWA.

Spatula querquedula

Descrición

editar

O corpo mide de 37 a 41 cm ó longo. As ás miden nos machos de 18,7 a 21,1 cm, e nas femias entre 18,2 e 19,6 cm. O peteiro mide de 3,5 a 4,5 cm. Os machos pesan de 250 a 600 g, mentres que as femias non pasan dos 550. Coa plumaxe invernal é fácil de confundir con outras especies do xénero Anas. As femias diferénciase das femias doutras especies semellantes polo debuxo da cabeza: na parte superior ten unha "pucha" de cor castaña escura, unha faixa máis escura cá cor de fondo da plumaxe e visible sobre dos ollos e as meixelas son tamén algo máis escuros có resto da cabeza. A plumaxe do macho na época de aparellamento é moi característica: unha faixa branca en forma de arco vaille dos ollos á caluga, o resto da cabeza e de cor castaña avermellada. O lombo e o peito teñen un fondo gris cheo de pencas castañas. Os costados son brancos cubertos de liñas finas grises. Plumas longas en forma de lanceta de cor branca e negra cáenlle dos "ombreiros" sobre do lombo. Ó voar son visibles nos dous sexos as plumas interiores de cor gris abrancazada e o espello de cor azul pálido. O bico e as patas son grises.

Distribución e hábitat

editar

Está espallada pola zona paleártica: vive en case todo o leste de Europa e, esporadicamente, aparece no oeste e en Europa central. En Escandinavia atópase ó redor do mar Báltico. Ó leste aparece nunha faixa ancha que chega ata a illa de Sakhalin. Pasa o inverno en África, o norte da India e o sueste de Asia.

Crían nas beiras cubertas de herba de estanques, lagos pouco fondos e zonas pantanosas. No inverno viven a carón de lagos e zonas de cheas.

Reprodución

editar

O niño, en forma de cunca e cuberto de herbas e penuxe, está construído entre a vexetación mesta á beira da auga. A femia pon de oito a once ovos de cor beixe que incuba de 21 a 23 días. Os polos están preparados para o voo ó cumpriren entre os 35 a 42 días de idade.

Alimentación

editar

Comen insectos, crustáceos, sementes e plantas acuáticas. En xeral, prefiren alimentarse de animais, que son capturados na tona da auga ou poucos centímetros por debaixo. Capturan o alimento nadando co pescozo estricado e a cabeza parcialmente dentro da auga.

  1. BirdLife International (2012). "Anas querquedula". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 3
todo 2