Chaira de Siberia Occidental

A chaira de Siberia Occidental (en ruso: Западно-Сибирская равнина) é unha gran chaira que ocupa a parte occidental de Siberia, que foi descrita como a maior extensión de terras baixas ininterrompidas do mundo: máis da metade da súa superficie está a menos de cen metros sobre o nivel do mar.[1]

Modelo:Xeografía físicaChaira de Siberia Occidental
Imaxe
Tipochaira
floresta temperada de coníferas (pt) Traducir
Russian Large Landscape (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSiberia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 62°N 76°L / 62, 76
Río Vasiugan.
Chaira de Siberia Occidental nun mapa de satélite

Cobre unha área de 2 700 000 km², a terceira parte de Siberia,[2] e esténdese en dirección norte-sur por 2500 km, dende o océano Ártico ata o macizo de Altai, os montes Saian e as montañas Baikal, e en dirección leste-oeste 1900 km, dende o río Ienisei aos montes Urais.

A chaira ten oito rexións con vexetación diferente: tundra, bosque-tundra, taiga setentrional, taiga media, taiga meridional, bosques de subtaiga, bosque-estepa e estepa. O número de especies animais na chaira de Siberia Occidental vai dende unhas 107 na tundra a 278 ou máis na rexión de bosque-estepa.

Os principais ríos da chaira son o Obi, o Irtysh e o Ienisei. Dado que todos estes ríos desaugan en dirección norte cara ao Ártico, na primavera comezan a desxear as partes máis meridionais que non poden desaugar dado que as partes do norte aínda se manteñen xeadas; por iso todos estes ríos desbordan, anegando amplas zonas próximas e deixando grandes lagos e pantanos. É unha das zonas pantanosas máis grandes do mundo (considérase que o maior pantano individual do mundo son os pantanos de Vasiugan, cunha área de 51 600 km²), o que fai a rexión moi pouco apropiada para a agricultura. As principais cidades da rexión son Surgut e Nizhnevartovsk. Os invernos na chaira de Siberia Occidental son duros e longos, cun clima subártico ou continental.

Existen grandes reservas de petróleo e gas natural. A maior parte da produción de petróleo e gas extraeuse desta zona durante as décadas de 1970 e 1980.[2]

  1. Entrada «Russia». Encyclopedia Britannica. Consultada o 24 de outubro de 2006.
  2. 2,0 2,1 Entrada, "Western Siberian Plain". Columbia Encyclopedia. Consultada o 24 de outubro de 2006.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 3