Chaleco salvavidas
Un chaleco salvavidas é o obxecto deseñado para manter o corpo dunha persoa na superficie e a súa cabeza por encima da auga, xa sexa consciente ou inconsciente, principalmente usado en piscinas, ríos, lagos e océanos. O seu deseño cambia segundo o grao de protección requirido e do tamaño da superficie que se protexa. Está deseñado para que dea a volta a unha persoa inconsciente que estea boca abaixo na auga.
A súa flotabilidade pode ser permanente (grazas ao recheo de cortiza ou materiais plásticos) ou poden ser inchábeis. Os máis usados e fiables son os primeiros, pero os inchábeis ofrecen a vantaxe, dada a súa maior comodidade, de poder levalos postos e facer traballos a bordo. Este feito é especialmente importante cando hai un gran risco de caer á auga, como pode ser en barcos de pesca.
Os chalecos salvavidas inchábeis constan de dous compartimentos independentes que se poden inflar de tres formas: automaticamente cando se mergulla dentro da auga, activando o sistema manualmente e insuflando aire mediante uns tubos. Nos dous primeiros casos entra un gas que provén dunhas botellas presurizadas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chaleco salvavidas |