Charles Algernon Parsons
Charles Algernon Parsons, nado en Londres o 13 de xuño de 1854 e finado en Kingston (Xamaica) o 11 de febreiro de 1931, foi un enxeñeiro e inventor anglo-irlandés, máis coñecido pola invención da turbina de vapor[1] e por dar nome á C. A. Parsons and Company. Traballou no proxecto de dínamos e turbinas para a xeración de electricidade, con grande influencia no campo naval e no campo da enxeñaría eléctrica. Tamén desenvolveu equipamentos ópticos, como reflectores e telescopios.
Traxectoria
editarParsons naceu en Londres nunha familia angloirlandesa.[2][3][4] Era o fillo máis novo do astrónomo irlandés William Parsons (Lord Rosse). A casa familiar é o castelo de Birr, no condado de Offaly (Irlanda), e a cidade de Birr recibiu o nome de Parsonstown pola familia entre 1620 e 1899.
Cos seus tres irmáns, Parsons foi educado na casa en Irlanda por titores privados[5] (incluído John Purser). Posteriormente estudou no Trinity College (Dublín) e no Saint John's College (Cambridge), graduándose brillantemente en matemáticas neste último en 1877.[6] Logo de graduarse en Cambridge, comezou a fabricación dunha revolucionaria turbina de vapor, capaz de xerar unha alta velocidade (ata 18 000 revolucións por minuto), que rematou en 1884. Con ela equipou un veloz barco de vapor que bautizou co nome de Turbinia (1894), co que demostrou a superioridade da turbina de vapor sobre outro tipo de motores da época.
Nos inicios do século XX todos os barcos comezaron a estaren equipados con ese tipo de motor, especialmente cando en 1912 perfeccionou a turbina de engrenaxe, unha mellora revolucionaria da súa turbina inicial. En 1925, Charles Parsons adquiriu a Grubb Telescope Company e renomeouna Grubb Parsons.
Parsons faleceu o 11 de febreiro de 1931 a bordo do buque Duchess of Richmond durante un cruceiro coa súa esposa a causa dunha neuropatía.[7] O 3 de marzo de 1931, celebrouse un servizo conmemorativo na abadía de Westminster. Parsons foi enterrado na igrexa parroquial de San Bertomeu en Kirkwhelpington en Northumberland.
Vida privada
editarEn 1883 Parsons casou con Katharine Bethell, filla de William F. Bethell. Tiveron dous fillos: Rachel Mary Parsons (nada en 1885) e Algernon George Parsons (nado en 1886), que faleceu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial en 1918, aos 31 anos.[8] Katharine morreu na súa casa de Ray Demesne, Kirkwhelpington, Northumberland en 1933.[9] Rachel Parsons morreu en 1956; o mozo de corte Denis James Pratt foi condenado por homicidio imprudente.[10]
En 1919 Katharine e a súa filla cofundaron Women's Engineering Society, que aínda existe.[11]
Notas
editar- ↑ "Sir Charles Algernon Parsons". Encyclopedia Britannica. n.d. Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ "Charles Parsons the Person". University of Limerick. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2019.
... was an Anglo-Irish engineer,
- ↑ Weightman, Gavin (2011). Children of Light. Atlantic Books. p. 112. ISBN 0857893009.
Charles Algernon Parsons was from the Anglo-Irish aristocracy
- ↑ Invernizzi, Costante Mario (2013). Closed Power Cycles: Thermodynamic Fundamentals and Applications. Springer. pp. 1–. ISBN 978-1-4471-5140-1.
- ↑ The Earl of Rosse (Autumn 1968). "William Parsons, third Earl of Rosse" (PDF). Hermathena (107): 5–13. JSTOR 23040086. Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ Parsons, the Hon. Charles Algernon Arquivado 06 de xuño de 2012 en Wayback Machine. en Venn, J. & J. A, Alumni Cantabrigienses, Cambridge University Press, 1922–1958.
- ↑ Sir Charles Parsons and Sir Arthurt Dorman. The Times (venres, 13 de febreiro de 1931), número 45 746, páxina 14.
- ↑ "Katherine Bethell". The Peerage. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Obituary The Hon. Lady Parsons". Heaton Works Journal (Women's Engineering Society). decembro de 1933. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ "A history of General Motors in pictures". The Telegraph. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ Heald, Henrietta (23 de maio de 2014). "What was a girl to do? Rachel Parsons (1885–1956): engineer and feminist campaigner". blue-stocking. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
In January 1919, Rachel and her mother, Katharine, established the Women’s Engineering Society, with Rachel as the first president and Caroline Haslett, an electrical engineer, as secretary.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Algernon Parsons |
Bibliografía
editar- Scaife, W.G.S (1999). From Galaxies to Turbines: Science, Technology and the Parsons Family. CRC Press. ISBN 978-1-4200-4692-2.
- Gibb, Claude. "Parsons, Sir Charles Algernon (1854–1931)". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/35396.
Ligazóns externas
editar- "Parsons and Turbinia". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012.
- Sir Charles Parsons Symposium, excerpts from Transactions of the Newcomen Society