Charles Scott Sherrington
Sir Charles Scott Sherrington, GBE, nado en Londres, Gran Bretaña, o 27 de novembro de 1857 e finado en Eastbourne, Gran Bretaña, o 4 de marzo de 1952, foi un médico neurofisiólogo británico, premio Nobel de Medicina, que estudou as funcións da cortiza cerebral.
Traxectoria
editarEstudou medicina na Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1885. Posteriormente ampliou os seus estudos en Berlín con Robert Koch e Rudolf Virchow e en Estrasburgo con F. Goltz.
En 1887 Sherrington uniuse á escola de medicina do Hospital St. Thomas, onde ensinou medicina. Posteriormente levou a cabo traballos experimentais na Brown Institution, departamento veterinario da Universidade de Londres. En 1895, chegou a ser profesor da Universidade de Liverpool. Obtivo o posto de profesor de fisioloxía da Universidade de Oxford en 1913. Foi presidente da Royal Society de 1920 a 1925. Sherrington recibiu a Gran Cruz do Imperio Británico en 1922 e a Orde do Mérito en 1924. Retirouse da vida académica en 1935, pero continuou dando conferencias e escribindo.
Foi galardoado en 1932 co premio Nobel de Medicina polos seus traballos no campo da neurofisioloxía: localización das funcións do córtex cerebral, investigacións reflexolóxicas etc.
As súas obras máis relevantes foron:
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Scott Sherrington |