Chernivtsi
Chernivtsi (en ucraíno: Чернівці́ e en romanés: Cernăuți) é unha cidade do suroeste de Ucraína do curso superior do río Prut. Antigamente a capital da rexión histórica de Bucovina, que agora está dividida entre Romanía e Ucraína, Chernivtsi serve como centro administrativo para o raión de Chernivtsi, a hromada urbana de Chernivtsi e o propio óblast de Chernivtsi.[1] En 2022, a poboación de Chernivtsi, segundo as estimacións, era de 264 298 habitantes, e o último censo de 2001 era de 240 600.[2]
Чернівці (uk) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Ucraína | ||||
Óblasts | Óblast de Chernivtsi | ||||
Raião da Ucrânia (pt) | Chernivtsi Raion (en) | ||||
Capital de | Bucovina Cernăuți County (en) Bukovina District (en) (1786–1849) Óblast de Chernivtsi (1940–) Chernivtsi Raion (en) (2020–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 265.471 (2021) (1.735,1 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 153 km² | ||||
Altitude | 248 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Roman Klichuk (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 58000–58033 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0372(2) | ||||
Identificador KOATUU | 7310100000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cesano Maderno (pt) San Miguel de Tucumán Salt Lake City (1989–) Saskatoon (1991–) Klagenfurt (1992–) Konin (Grande Polônia) (pt) (1994–) Nazaré Illit (pt) (1997–) Suceava (pt) (2003–) Timișoara (2010–) Iași (2012–) Bălţi (pt) (2013–) Mannheim (2022–) Düsseldorf (2022–) Metz (2022–) Esmirna (2023–) | ||||
Sitio web | city.cv.ua | ||||
Chernivtsi está considerada como un dos principais centros culturais de Ucraína occidental. A cidade tamén é un dos sitios educativos e arquitectónicos máis importantes de Ucraína. Historicamente, Chernivtsi foi unha comunidade cosmopolita por veces alcumada a "pequena Viena"[3][4] ou o "Xerusalén sobre o Prut". A cidade é un importante centro rexional de transporte ferroviario e por estrada, que tamén acolle un aeroporto internacional.
Historia
editarO primeiro documento que se refire a esta cidade remóntase a 1408,[5] cando Chernivtsi era unha cidade da rexión de Moldova, primeiro como unha fortificación defensiva, e logo converténdose no centro de Bucovina en 1488. En 1538, Chernivtsi estaba baixo o control do principado de Moldova baixo a soberanía do Imperio Otomán, e o control moldovo durou dous séculos ata 1774, cando Austria tomou o control de Bucovina despois da guerra Ruso-Turca (1768-74).[6] Chernivtsi (coñecido naquela época como Czernowitz) converteuse no centro do distrito Bucovina do reino de Galicia ata 1848, converténdose máis tarde no ducado de Bucovina ata 1918. Despois da primeira guerra mundial, Romanía uniuse con Bucovina en 1918, o que levou a que a cidade recuperase o seu nome romanés de Cernăuți. Isto durou ata que os soviéticos ocuparon Besarabia e Bucovina do Norte. Chernivtsi estivo baixo o control da Unión Soviética dende 1940 ata 1941, ano no que Romanía recuperou a cidade ata 1944. Trala disolución da Unión Soviética pasou a formar parte da Ucraína independente.
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Chernivtsi entre 1775 e 2022 |
[2][7] Os datos de 2013 e 2022 son estimacións. |
Segundo o último censo de 2001, a poboación de Chernivtsi era de aproximadamente 240 600 persoas e acollía 65 nacionalidades.[2] Delas, 189 000 (79,8%) eran ucraínos; 26 700 (11,3%) rusos; 10 500 (4,4%) romaneses; 3 800 (1,6%) moldovos; 1 400 (0,6%) polacos; 1 300 (0,6%) xudeus e 2 900 (1,2%) doutras nacionalidades.[8]
Notas
editar- ↑ "Черновицкая громада" (en ruso). Портал об'єднаних громад України.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "About number and composition population of Chernivtsi Region by data All-Ukrainian Population Census '2001". State Statistics Committee of Ukraine. Arquivado dende o orixinal o 26 de dezembro de 2005. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ Zhytariuk, Natalia (2 de novembro de 2004). "Bukovyna Week in Austria". Den. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2005. Consultado o 26 de setembro de 2007.
- ↑ "Bukovina. The Beech Tree Land". Ukraine Cognita. 23 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2007.
- ↑ "Chernivtsi". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 18 de outubro de 2022.
- ↑ Zhukovskyi, Arkadii (2010). "Chernivtsi". Encyclopedia of Ukraine. Consultado o 18 de outubro de 2022.
- ↑ "City of Chernivtsi, Chernivetska Oblast". Verkhovna Rada. 5 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 5 de agosto de 2007.
- ↑ "History". Chernivtsi City Official Site. Consultado o 25 de setembro de 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chernivtsi |