O Chiado é un dos barrios máis emblemáticos e tradicionais da cidade de Lisboa. Localízase entre o Barrio Alto e a Baixa Pombalina.

Modelo:Xeografía políticaChiado
Imaxe

Localización
Mapa
 38°42′38″N 9°08′32″O / 38.7106, -9.1422
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa
Cidade grandeLisboa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de

En 1856, coa creación do gremio literario, un club dos intelectuais da época, o Chiado tornouse o centro do Romanticismo portugués, punto de paso obrigatorio para quen quería ser coñecido na cidade. O escritor Eça de Queiroz na súa obra "Os Maias" facía moitas referencias ao Chiado e ao gremio literario.

O Chiado dividíase entre as freguesías do Sacramento e dos Mártires, dúas das menores de Lisboa, estando agora totalmente integrado na nova freguesía de Santa Maria Maior.

Na década de 1980, debido á mudanza nos hábitos dos lisboetas e á inauguración do centro comercial Amoreiras, o Chiado ficou decadente.

En 1988, na madrugada do día 25 de agosto, entre as 3 e as 4 da mañá, comezou un incendio no edificio Grandella, que viría a tomar grandes proporcións afectando máis dezasete edificios. O Chiado ficou destruído e a súa reconstrución levou toda a década de 1990, quedando o deseño a cargo do arquitecto Álvaro Siza Vieira[1]

Hoxe o Chiado volve ser un importante centro de comercio de Lisboa, sendo unha das zonas máis cosmopolitas e dinámicas da capital portuguesa, e escenario de eventos emblemáticos como o Vogue Fashion's Night Out.[2]

Orixe do nome

editar

O Chiado era un taberneiro, propietario de estabelecemento situado en fronte do Convento do Espírito Santo, despois Palacio Barcelinhos e hoxe Armazéns do Chiado.

Monumentos

editar
 
Estatua de Fernando Pessoa no Café A Brasileira.

Área tradicionalmente coñecida polas súas conexións intelectuais, encóntranse aí varias estatuas de figuras literarias. Fernando Pessoa, un dos maiores poetas da lingua portuguesa, está sentado no exterior do Café A Brasileira, inmortalizado nunha estatua de bronce da autoría de Lagoa Henriques. Ademais desta estatua do século XX, encontramos tamén a de António Ribeiro, O Chiado, na mesma praza. Do outro lado da rúa, érguese a estatua de Luís de Camões, na praza co seu nome.

Fernando Persoa tiña, de feito, unha conexión moi especial co Chiado. Na Praza de S. Carlos, diante do teatro co mesmo nome, atópase o edificio onde naceu o poeta.

 
Teatro Nacional de São Carlos.

Como zona cultural que é, no barrio hai diversos teatros, como o Teatro S. Luiz (que xa tivo varios nomes, como Teatro D. Amélia e é hoxe pertenza do Concello de Lisboa), o Teatro da Trindade, e o Teatro Nacional de São Carlos, único teatro de ópera en Portugal. Aquí se encontraba tamén o antigo Teatro Gymnasio, escenario das primeiras Revistas á Portuguesa, hoxe transformado nun centro comercial.

Nesta zona, encóntrase tamén o Museo Nacional de Arte Contemporánea, máis coñecido como Museo do Chiado, con obras a partir da segunda metade do século XIX en diante.

Na Praza do Chiado érguense dúas igrexas barrocas: a italiana, Igrexa do Loreto, no lado norte, e a Igrexa de Nosa Señora da Encarnação, en fronte, coas paredes exteriores parcialmente decoradas con azulexos.

 
Largo do Carmo.

Tamén englobado na zona do Chiado, encóntrase a Praza do Carmo. Nesta praza, resisten as ruínas do Convento do Carmo, construído o século XIV, onde se encontra actualmente instalado o Museo Arqueolóxico do Carmo. Fronte ao convento, encóntrase o Chafariz do Carmo, datado do século XVIII.

Xunto ao convento, encóntrase o Cuartel do Carmo, pertencente á Guarda Nacional Republicana, que tivo un papel moi importante durante a Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974, por ser escollido por Marcelo Caetano para se refuxiar da revolución, acabando esta praza por ser o escenario principal da revolución, como local da rendición do Estado Novo perante os militares do Movimento das Forças Armadas.

 
Ruínas do Convento do Carmo.

No outro lado do convento, encontramos o antigo Palacio Valadares, edificio que tivo xa varios usos. Este palacio érguese no lugar onde foi fundada a primeira universidade portuguesa, no tempo de Dinís de Portugal, antes de ser trasladada para Coímbra.

Entre o Convento do Carmo e o Palacio Valadares, atópase o portón de acceso do Elevador de Santa Justa, que une a Praza do Carmo coa Baixa Pombalina, especialmente á Rúa do Ouro. Este ascensor foi inaugurado en 1902 e construído polo enxeñeiro Raoul Mesnier du Ponsard, responsábel tamén polos Ascensores da Gloria, da Bica e do Labra, no outeiro oposto. O ascensor de Santa Xusta é hoxe unha das iconas de Lisboa.

Aínda na Praza do Carmo, encontramos a Igrexa da Orde Terceira de Nosa Señora do Carmo, que habitualmente pasa desapercibida. Nese mesmo edificio, foi fundado o actual Montepio Xeral, no século XIX.

No veciño Largo Rafael Bordalo Pinheiro, atópase o predio onde o artista que dá nome á praza viviu, coa fachada cuberta de azulexos, clasificado de Monumento Nacional.[3]

 
Fachada do Teatro da Trindade.

Algúns metros máis enriba, encontramos o Teatro da Trindade, pertencente á Instituto Nacional para o Aproveitamento do Tempo Libre (INATEL). Na mesma rúa, na zona onde se erguía o Convento da Trindade antes do Terremoto de 1755, encóntrase un dos máis famosos restaurantes da capital, a cervexaría Trindade, cos seus azulexos do século XVIII.

O incendio do Chiado

editar

O 25 de agosto de 1988 declarouse un desastroso incendio nunha tenda da Rúa do Carmo, que une a Baixa de Lisboa co Barrio Alto. Os coches de bombeiros non conseguiron entrar na rúa do Carmo, reservada aos peóns cuxa obra polémica se debe ao mandato executivo de Nuno Abecassis, o entón alcalde de Lisboa, feito que axudou a que o lume se propagase rapidamente aos edificios contiguos á Rúa Garrett.

Ademais de tendas e oficinas, foron destruídos moitos edificios do século XVIII. Os peores estragos foron naturalmente na Rúa do Carmo.

O proxecto de reconstrución agora completo preservou moitas fachadas orixinais e foi dirixido polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira.

  1. "Guías de arquitectura". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020. 
  2. "Vogue.pt". Consultado o 3 de xullo de 2020. 
  3. "Rafael Bordalo Pinheiro". Consultado o 3 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 2
dada 2
orte 1