Choia
A choia de bico vermello[2] (do francés antigo choue)[3] (Pyrrhocorax pyrrhocorax) é un paxaro da familia dos corvos (Corvidae). É unha especie moi próxima á choia de bico amarelo (Pyrrhocorax graculus), coa que foi cruzada en catividade no parque zoolóxico de Innsbruck (Austria), dando lugar a híbridos fértiles.
Choia de bico vermello | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto da subespecie P. p. barbarus en La Palma, Illas Canarias | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pyrrhocorax pyrrhocorax (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución aproximada
|
Descrición
editarAs choias son aves completamente negras ou negras azuladas brillantes. O bico, que é longo e curvado, e as patas son vermellos. Miden entre 37–41 cm de lonxitude e pesan uns 250 gramos. De punta a punta das ás miden entre 68 e 80 cm. Os exemplares novos teñen o bico máis curto cós adultos e de cor amarelo.
Son grandes voadoras,que parecen frotar sobre os acantilados, mentres desctriben curvas. Desprázanse polo chan en carreiras curtas e rápidas, pero tamén poden camiñar amodo. Son moi sociables e voan en bandos grandes. A súa chamada típica é moi diferente da da especie irmá, a choia de bico amarelo.
Subespecies
editar- P. pyrrhocorax pyrrhocorax
- P. pyrrhocorax erythrorhamphos
- P. pyrrhocorax baileyi
- P. pyrrhocorax barbarus
- P. pyrrhocorax docilis
- P. pyrrhocorax brachypus
- P. pyrrhocorax himalayanus
- P. pyrrhocorax centralis
Distribución e hábitat
editarEstán espalladas por zonas de montañas e acantilados costeiros de Europa, Asia e algunhas zonas de África. En Europa teñen unha distribución descontinua: aparecen no oeste de Inglaterra, Irlanda, Islandia, España (incluídas as Canarias coa subespecie endémica Pyrrhocorax pyrrhocorax barbarus de La Palma), Portugal e Francia. En Centroeuropa desapeceron case completamente, agás por algunhas parellas reprodutoras en Unterengadin no cantón suízo dos Grisións. A concorrencia da choia de bico amarelo foi probablemente a causa do seu retroceso na zona dos Alpes, como a do corvo pequeno a puido ser en Inglaterra. Na Península Ibérica hai poboacións abundantes e ben distribuídas en España e en Portugal as poboacións máis numerosas atópanse nas queivancas do Douro e nas costas do suroeste do Alentexo. Viven ademais nos Urais, no Cáucaso, no Himalaia (ata os 6000 m de altitude) e en Bután. En África viven nos montes Atlas e hai unha poboación illada en Etiopía.
Distribución en Galiza
editarA choia é unha ave pouco común en Galiza, presentando unha distribución periférica polo territorio galego. No norte atópase distribuída polas costas das provincias da Coruña e Lugo, polo leste distribúese polas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra distribuése tan só polas zonas de cantís litorais, incluídos os arquipélagos das Cíes e Ons. Na actualidade as poboacións galegas da Choia atópanse en regresión.
Alimentación
editarO bico longo das choias está adaptado para capturar insectos adultos ou larvas e vermes. Sacam das degretas das rochas arañas, eirugas, caracois e outros animais pequenos. ó contrario cá choia de bico amarelo, poucas veces comen nos vertedeiros de lixo.
Reprodución
editarAs choias viven e crían en colonias, máis delas con séculos de existencia, formado parellas xa antes de alcanzaren a madureza reprodutora, que lles chega ós dous ou tres anos de vida. Fan os niños, en xeral voluminosos e compostos de raíces e talos de uces e outras plantas, en lugares inaccesibles coma covas ou furados das rochas ou paredes dos acantilados. En España crían nalgunhas canteiras. Os niños son feitos polos dous membros da parella, pero é o macho quen fai a parte meirande da estrutura. Inclúen unha molida de pelos e la. Poñen, entre abril (nas zonas marítimas) e xuño, de 3 a 6 ovos da cor da crema con manchas máis ou menos mestas de ton castaños ou agrisados. A incubación, que fan só as femias, dura entre 21 e 23 días. Neste período os machos ocúpanse de alimentar á súa compañeira en intervalos dunha media hora. Os polos pasan entre 37 e 40 días no niño.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Pyrrhocorax pyrrhocorax". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definición de choia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guía das aves de Galicia, Baía Edicións (2004)
- Laiolo, Paola; Rolando, Antonio; Delestrade, Anne & De Sanctis, Augusto (2004): Vocalizations and morphology: interpreting the divergence among populations of Chough Pyrrhocorax pyrrhocorax and Alpine Chough P. graculus. Bird Study 51(3): 248–255. HTML abstract Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
editar- A choia na base de datos da IUCN
- Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta Arquivado 27 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (español)
- corvids.de - Base de datos sobre os córvidos (alemán)
- As choias de Cornualla (inglés)
- Operación choia (inglés)