Chukotka
Chukotka (en ruso Чуко́тский автоно́мный о́круг Txukotski Avtonomni Ókrug; Okrug autónomo de Chukotka), e en chukchi Чукоткакэн автономныкэн округ (Txukotkaken avtonomiken ókrug)) é un distrito autónomo de Rusia. Atópase no extremo oriental de Siberia, onde vive o pobo dos chukchis, e inclúe a península de Chukotka. Está situada entre o océano Ártico no norte e o océano Pacífico no leste, e está separada de Alasca (América do Norte) polo estreito de Bering. Limita cos territorios rusos seguintes: a república de Iacutia no oeste, o oblast de Magadán no suroeste e o distrito autónomo de Koriakia no sur. Ten unha extensión de 737.700 km² e unha poboación de 48.029 habitantes (2024),[1] cunha densidade de 0,07 hab/km². A capital é Anadir.
Чукотский автономный округ (ru) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Anadyr (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 50.150 (2016) (0,07 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua chukchi | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 721.481 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 10 de decembro de 1930 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Chukotka Autonomous Okrug (en) | Roman Kopin (en) | ||||
Órgano lexislativo | Duma of Chukotka Autonomous Okrug (en) , (Escano: 15) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-CHU | ||||
Identificador OKTMO | 77000000 | ||||
Identificador OKATO | 77 | ||||
Sitio web | чукотка.рф |
Xeografía
editarBañada polo mar da Siberia Oriental, o mar de Chukchi e o mar de Bering, o territorio ocupa a península dos Chukchis e a rexión adxacente, e inclúe a illa de Wrangel (Umqilir) e outras menores. É unha rexión inhóspita, fría e montañosa, e o río principal é o río Anadir (en chukchi Jàajwaam)
Economía
editarA economía de Chukotka está baseada sobre todo na exportación de materias primas (carbón, ouro, prata, platino etc.), a pesca (caviar) e os produtos manufacturados de pel. Porén todos os bens de consumo, alimentarios e industriais son importados de Rusia.
Poboación
editarHai unha notable variedade étnica na poboación: viven 60 nacionalidades diferentes. Segundo o censo ruso de 2002 a composición nacional é a seguinte:
- rusos 51,86%
- chukchis 23,45%
- ucraínos 9,22%
- inuit 2,85%
- evens 2,61%
- chuvans 1,778%
- tártaros 0,99%
- belarusos 0.96%
- iukaghirs 0,34%
- chuvaxos 0,30%
- moldovos 0,24%
- buriatos 0,22%
- alemáns étnicos 0,22%
- baskires 0,22%
- azarís 0,2%
- algúns outros pequenos grupos que non chegan ao centenar de persoas cada un
- o 2.23% dos habitantes non especificaron a que grupo étnico pertencen
censo 1939 | censo 1959 | censo 1970 | censo 1979 | censo 1989 | censo 2002 | |
---|---|---|---|---|---|---|
chukchis | 12.111 (56,2%) | 9.975 (21,4%) | 11.001 (10,9%) | 11.292 (8,1%) | 11.914 (7,3%) | 12.622 (23,5%) |
Chuvans | 944 (0,6%) | 951 (1,8%) | ||||
Inuit | 800 (3,7%) | 1.064 (2,3%) | 1.149 (1,1%) | 1.278 (0,9%) | 1.452 (0,9%) | 1.534 (2,9%) |
Evens | 817 (3,8%) | 820 (1,8%) | 1.061 (1,0%) | 969 (0,7%) | 1.336 (0,8%) | 1.407 (2,6%) |
Rusos | 5.183 (24,1%) | 28.318 (60,7%) | 70.531 (69,7%) | 96.424 (68,9%) | 108.297 (66,1%) | 27.918 (51,9%) |
Ucraínos | 571 (2,7%) | 3.543 (7,6%) | 10.393 (10,3%) | 20.122 (14,4%) | 27.600 (16,8%) | 4.960 (9,2%) |
Outros | 2.055 (9,5%) | 2.969 (6,4%) | 7.049 (7%) | 9.859 (7%) | 12.391 (7,6%) | 4.432 (8,2%) |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chukotka |