Circuíto Gilles Villeneuve
Circuíto Gilles Villeneuve | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1978 |
Outros nomes | Circuíto da Illa de Notre-Dame (1978–1982) |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio do Canadá (1978–1986, 1988–2008, 2010–presente) FIA World Sportscar Championship Champ Car World Series NASCAR Xfinity Series NASCAR Canadian Tire Series Grand Am Rolex Sports Car Series |
Localización | Montreal, Québec, Canadá |
Capacidade | 100.000 espectadores |
Circuíto (2002–presente) | |
Lonxitude km | 4´361 |
Curvas | 14 |
Récord tempo | 1:13.078 |
Récord piloto | Valtteri Bottas |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2019 |
Circuíto (1996–2001) | |
Lonxitude km | 4´421 |
Curvas | 13 |
Récord tempo | 1:17.205 |
Récord piloto | Ralf Schumacher |
Récord equipo | Williams - BMW |
Récord ano | 2001 |
Circuíto (1994–1995) | |
Lonxitude km | 4´450 |
Curvas | 20 |
Récord tempo | 1:28.927 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford B194 |
Récord ano | 1994 |
Circuíto (1988–1993) | |
Lonxitude km | 4´430 |
Curvas | 17 |
Récord tempo | 1:21.500 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford B193 |
Récord ano | 1993 |
Circuíto (1978–1987) | |
Lonxitude km | 4´410 |
Curvas | 19 |
Récord tempo | 1:25.443 |
Récord piloto | Nelson Piquet |
Récord equipo | Williams-Honda FW11 |
Récord ano | 1986 |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto Gilles Villeneuve é un circuíto de carreiras semiurbano utilizado para o Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 previamente albergou o World Sportscar Championship da FIA, as Champ Car World Series, as Canadian Tire Series da NASCAR, as Xfinity Series da NASCAR e a Rolex Sports Car Series da Grand-Am. Atópase localizado na Île Notre-Dáme, unha illa situada no Río San Lourenzo e que é parte de Montreal, na provincia francófona do Quebec. O circuíto debe o seu nome ao piloto canadense Gilles Villeneuve.
O Gran Premio do Canadá de Fórmula Un, que tivo lugar durante 30 anos no circuíto Gilles Villeneuve, foi eliminado do calendario da Fórmula Un de 2009 e substituído coa primeira edición do Gran Premio de Abu Zabi. O 27 de novembro de 2009, funcionarios do Quebec e organizadores do Gran Premio do Canadá anunciaron un acordo coa Formula One Administration e asinaron un novo contrato de cinco anos que abarca as tempadas 2010-2014.[1][2]
A edición 2011. Tivo lugar o 12 de xuño ás 1:00 pm (17:00 GMT) e foi o Gran Premio máis longo da historia do Campionato Mundial, debido a un longo atraso pola choiva.[3]
Durante a sesión de cualificación en 2014, os organizadores do Gran Premio anunciaron que acordaran unha extensión de 10 anos para manter o Gran Premio do Canadá no circuíto Gilles Villeneuve ata 2024.[4]
Circuíto
editarOrixinalmente chamado Circuíto da Île Notre-Dáme,[5] o circuíto foi construído e terminado en 1978. No que demostrou ser o evento principal da sede ao longo das décadas, o Gran Premio do Canadá de Fórmula Un fomaba parte do Campionato Mundial desde 10 anos antos, e disputábase con anterioridade en Mosport Park preto de Toronto en 8 ocasións e en 1968 e 1970, no circuíto de Mont-Tremblant no Quebec. Debido ás preocupacións pola seguridade en Mosport que arruinaron o evento de 1977, decidiuse trasladar a carreira para o novo circuíto de Montreal. En 1982, foi renomeado en honra do piloto canadense de Fórmula Un Gilles Villeneuve, pai de Jacques Villeneuve, a raíz da súa morte a principios de ano.[6] O circuíto está situado nunha parte da cidade de Montreal coñecida como Parque Jean-Drapeau. O parque leva o nome do alcalde de Montreal que foi responsable da organización da Expo 67.
O circuíto atópase na Île Notre-Dáme, unha illa artificial situada no Río San Lourenzo construída orixinalmente para a Expo. Tamén a veciña Illa de Santa Helena fora ampliada artificialmente para o recinto ferial e un remanente importante da feira, a Biosfera pode ser vista regularmente durante a cobertura televisiva dos eventos de carreiras.
Case a metade da pista, da curva pechada ata logo da zona de boxes, descorre xunto á Conca olímpica , unha enorme cubeta rectangular, creada para a competición de remo e piragüismo dos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976.
As barreiras están colocadas moi preto da pista e moitos experimentados pilotos quedaron atrapados por elas. Unha parte especialmente famosa do circuíto é o muro no exterior da saída da última chicana antes da recta de saída/chegada. En 1999 o muro, que leva pintado o lema Bienvenue au Québec ( "Bienvenidos a Quebec") dándolle o alcume "Mur du Québec" (Muro de Quebec), terminou a carreira de tres campións do mundo de Fórmula Un, Damon Hill, Michael Schumacher e Jacques Villeneuve xunto có campión da FIA GT Ricardo Zonta. Desde entón, o muro alcumouse "O Muro dos Campións". Nos últimos anos o campión do mundo en 2009 Jenson Button (2005) e 4 veces campión do mundo Sebastian Vettel (2011) tamén foron vítimas do muro.
Os cambios realizados en 2005 nos bordos da chicana final foron discutidos entre os pilotos no período previo ao Gran Premio. Os bordos fixéronse máis altos e máis difíciles de ver para os pilotos, o que a fai aínda máis difícil.
O 23 de xuño de 2006, Canadian Press informou de que a cidade de Montreal concedera os dereitos exclusivos para organizar carreiras nos dous fins de semana permitidas na pista a Normand Legault, o promotor do Gran Premio do Canadá de Fórmula Un. O acordo era desde o ano 2007 a 2011, cunha opción para 2012 a 2016. Legault decidiu substituír a carreira da Champ Car coas carreiras da Rolex series da Grand American Road Racing Association e as Nationwide Series da NASCAR, respectivamente.
O 10 de xuño do 2007 foi un dos días máis críticos deste circuíto con moitas saídas e co grande accidente protagonizado polo piloto de BMW-Sauber Robert Kubica que se saíu da pista a máis de 300 km/h ao chocar na parte traseira dun Toyota e saír disparado cara a barra de protección e rebotar nela, facendo que o seu auto se desintegrara mentres cruzaba alén da pista. O peor accidente no circuíto foi o día 13 de xuño de 1982, cando morreu Riccardo Paletti nun tráxico accidente ao iniciar a carreira.
As carreiras de NASCAR afectaron o deseño do circuíto. Aumentouse o pit lane, xa que unha rúa de boxes da NASCAR debe acomodar un mínimo de 43 coches.
O circuíto acondiciónase ano a ano para a fin de semana do Gran Premio. Como parte do Parque Jean-Drapeau, o circuíto está aberto ao público, entre as carreiras, para camiñar, correr, andar en bicicleta, patinaxe en liña, e pilotaxe.[7] Durante os poucos días do Gran Premio, a illa de Notre Dáme é un dos lugares máis ruidosos de Montreal. Noutras épocas do ano, é unha das máis tranquilas, atópase no medio dun río, nunha illa chea de vexetación e animais, corredores e ciclistas. Con todo, o 4 de xuño de 2009, a administración da illa de Notre Dáme prohibiu o acceso dos ciclistas de competición no circuíto, o que xustificaron como medida de seguridade para evitar as lesións que se produciron entre 2008 e 2009. Foron reportadas un total de 27 lesións. A prohibición dos ciclistas xa se levantou debido ás protestas.
Características
editar- Capacidade espectadores: 100.000
- Lonxitude do circuíto: 4´361 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 305´270 quilómetros. 13 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: media/baixa. Velocidade máxima estimada 326 km/h con DRS, 316 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 17% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: moi alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio/baixo
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 18´8 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´28 segundos.
- Marca volta: Rubens Barrichello – Ferrari, 1.13.622 en 2004
Trazados do circuíto
editar-
O trazado de 4.361 metros utilizado de 2002 a presente
Marcas de volta
editarA medida que o circuíto Gilles Villeneuve serve como sede de diferentes series de carreiras, é posible comparar directamente os tempos de volta nas carreiras das diferentes series.
En 2002, o piloto de Fórmula Un Juan Pablo Montoya logrou a pole position do Gran Premio do Canadá cun tempo de 1:12.836. Varias semanas máis tarde, durante a inauguración da Champ Car Gran Premio de Montreal, Cristiano da Matta estableceu a pole cun tempo de 1:18.959.
En 2006, a última vez que a Champ Car e a F1 correron na mesma pista, a Fórmula Un foi de 5 a 7 segundos máis rápido que a Champ Car. A pole na Fórmula Un foi establecida por Fernando Alonso nun tempo de 1:14.942, mentres que Sébastien Bourdais fixo a pole en 1:20.005 na Champ Car. A volta rápida da carreira de Fórmula Un foi 1:15.841 de Kimi Räikkönen, mentres que a volta rápida de Sébastien Bourdais foi de 1:22.325 na carreira da Champ Car.
A mellor volta rápida xamais feita ao redor do circuíto estableceuna Ralf Schumacher cun tempo de 1:12.275 no conxunto da sesión de cualificación para o Gran Premio do Canadá de 2004. Como se estableceu nesta ocasión durante a cualificación, non se recoñece como unha marca oficial.
Categoría | Piloto | Coche | Volta rápida | Ano |
---|---|---|---|---|
Fórmula 1 | Rubens Barrichello | Ferrari F2004 | 1:13.622 | 2004 |
Champ Car | Dario Franchitti | Lola B2/00-Honda | 1:20.238 | 2002 |
Group C | Mauro Baldi | Mercedes-Benz C11 | 1:28.725 | 1990 |
Daytona Prototype | Scott Pruett | Riley Mk XX-BMW | 1:32.620 | 2010 |
Grand Touring | Scott Russell | Chevrolet Corvette C6.R | 1:39.353 | 2010 |
NASCAR Nationwide Series | Alex Tagliani | Chevrolet Impala | 1:40.865 | 2012 |
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Montréal
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude pista | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1978 | Gilles Villeneuve | Ferrari | Ferrari | M
|
1:57:49,196 h | 4,500 km | 70 | 160,414 km/h | 8. outubro | Gran Premio do Canadá |
2 | 1979 | Alan Jones | Williams | Ford | G | 1:52:06,892 h | 4,410 km | 72 | 169,926 km/h | 30. setembro | |
3 | 1980 | Alan Jones | Williams | Ford | G | 1:46:45,530 h | 4,410 km | 70 | 173,494 km/h | 28. setembro | |
4 | 1981 | Jacques Laffite | Ligier | Matra | M
|
2:01:25,205 h | 4,410 km | 63 | 137,290 km/h | 27. setembro | |
5 | 1982 | Nelson Piquet | Brabham | BMW | G | 1:46:39,577 h | 4,410 km | 70 | 173,655 km/h | 13. xuño | |
6 | 1983 | René Arnoux | Ferrari | Ferrari | G | 1:48:31,838 h | 4,410 km | 70 | 170,661 km/h | 12. xuño | |
7 | 1984 | Nelson Piquet | Brabham | BMW | M
|
1:46:23,748 h | 4,410 km | 70 | 174,086 km/h | 17. xuño | |
8 | 1985 | Michele Alboreto | Ferrari | Ferrari | G | 1:46:01,813 h | 4,410 km | 70 | 174,686 km/h | 16. xuño | |
9 | 1986 | Nigel Mansell | Williams | Honda | G | 1:42:26,415 h | 4,410 km | 69 | 178,225 km/h | 15. xuño | |
10 | 1988 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:39:46,618 h | 4,390 km | 69 | 182,152 km/h | 12. xuño | |
11 | 1989 | Thierry Boutsen | Williams | Renault | G | 2:01:24,073 h | 4,390 km | 69 | 149,707 km/h | 18. xuño | |
12 | 1990 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:42:56,400 h | 4,390 km | 70 | 179,114 km/h | 10. xuño | |
13 | 1991 | Nelson Piquet | Benetton | Ford | P | 1:38:51,490 h | 4,430 km | 69 | 185,520 km/h | 2. xuño | |
14 | 1992 | Gerhard Berger | McLaren | Honda | G | 1:37:08,299 h | 4,430 km | 69 | 188,805 km/h | 14. xuño | |
15 | 1993 | Alain Prost | Williams | Renault | G | 1:36:41,822 h | 4,430 km | 69 | 189,667 km/h | 13. xuño | |
16 | 1994 | Michael Schumacher | Benetton | Ford | G | 1:44:31,887 h | 4,450 km | 69 | 176,244 km/h | 12. xuño | |
17 | 1995 | Jean Alesi | Ferrari | Ferrari | G | 1:44:54,171 h | 4,430 km | 68 | 172,297 km/h | 11. xuño | |
18 | 1996 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:36:03,465 h | 4,421 km | 69 | 190,541 km/h | 16. xuño | |
19 | 1997 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | G | 1:17:40,646 h | 4,421 km | 54 | 184,404 km/h | 15. xuño | |
20 | 1998 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | G | 1:40:57,355 h | 4,421 km | 69 | 181,296 km/h | 7. xuño | |
21 | 1999 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:41:35,727 h | 4,421 km | 69 | 180,155 km/h | 13. xuño | |
22 | 2000 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:41:12,313 h | 4,421 km | 69 | 180,850 km/h | 18. xuño | |
23 | 2001 | Ralf Schumacher | Williams | BMW | M
|
1:34:31,522 h | 4,421 km | 69 | 193,630 km/h | 10. xuño | |
24 | 2002 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:33:36,111 h | 4,361 km | 70 | 195,682 km/h | 9. xuño | |
25 | 2003 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:13,591 h | 4,361 km | 70 | 200,777 km/h | 15. xuño | |
26 | 2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:28:24,803 h | 4,361 km | 70 | 207,165 km/h | 13. xuño | |
27 | 2005 | Kimi Räikkönen | McLaren | Mercedes | M
|
1:32:09,290 h | 4,361 km | 70 | 198,755 km/h | 12. xuño | |
28 | 2006 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:34:37,308 h | 4,361 km | 70 | 193,573 km/h | 25. xuño | |
29 | 2007 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:44:11,292 h | 4,361 km | 70 | 175,799 km/h | 10. xuño | |
30 | 2008 | Robert Kubica | BMW Sauber | BMW | B | 1:36:24,447 h | 4,361 km | 70 | 189,987 km/h | 8. xuño | |
31 | 2010 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:33:53,456 h | 4,361 km | 70 | 195,079 km/h | 13. xuño | |
32 | 2011 | Jenson Button | McLaren | Mercedes | P | 4:04:39,537 h | 4,361 km | 70 | 74,864 km/h | 12. xuño | |
33 | 2012 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | P | 1:32:29.586 h | 4,361 km | 70 | 198,028 km/h | 10. xuño | |
34 | 2013 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:32:09,143 h | 4,361 km | 70 | 198,760 km/h | 9. xuño | |
35 | 2014 | Daniel Ricciardo | Red Bull | Renault | P | 1:39:12,830 h | 4,361 km | 70 | 184,613 km/h | 8. xuño | |
36 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:53,145 h | 4,361 km | 70 | 199,337 km/h | 7. xuño | |
37 | 2016 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:05,296 h | 4,361 km | 70 | 201,082 km/h | 12. xuño | |
38 | 2017 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:05,154 h | 4,361 km | 70 | 196,767 km/h | 11. xuño | |
39 | 2018 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:28:31,377 h | 4,361 km | 68 | 200,997 km/h | 10. xuño | |
40 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:29:07,084 h | 4,361 km | 70 | 205,527 km/h | 9. xuño | |
- | 2020 | Canceladas debido a Pandemia de COVID-19 | |||||||||
- | 2021 | ||||||||||
41 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull Racing | RBPT | P | 1:36:21.757 h | 4,361 km | 70 | 190,076 km/h | 19. xuño | |
42 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull Racing | Honda RBPT | P | 1:33:58.348 h | 4,361 km | 70 | 194,910 km/h | 18. xuño | |
43 | 2024 | Max Verstappen | Red Bull Racing | Honda RBPT | P | 1:45:47.927 h | 4,361 km | 70 | 173,123 km/h | 9. xuño |
Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Michael Schumacher (ambos 7), Nelson Piquet (3)
Nacionalidade: Alemaña/Reino Unido ambos (10), Brasil (5)
Construtor: Ferrari (11), McLaren (9), Williams (7)
Motor: Ferrari (11), Mercedes (10), Renault (6)
Pneus.: Goodyear (16), Pirelli (10), Bridgestone (8)
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Gilles Villeneuve |
- Circuit Gilles Villeneuve
- en Páxina oficial
- Circuíto Gilles Villeneuve Historia e estatísticas
- Estatísticas da páxina oficial da F1 Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Unha volta en Montreal co Honda de Alex Wurz Arquivado 07/10/2012, en Wayback Machine.
- Montreal – requisitos técnicos Arquivado 07/10/2012, en Wayback Machine.
- Trackpedia guide to driving Gilles Villeneuve Arquivado 25 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
- BBC's circuit guide
- Ciro Pabón's Racetracks puntos de vista 3D e voltas virtuais de todos os circuítos de F1, incluíndo este, a través de Google Earth
- Spectator testimonial of the Circuit Gilles Villeneuve
- NASCAR Busch Series on Play-Montreal
- Parc Jean-Drapeau
- Circuíto Gilles Villeneuve en Google Maps (Pistas actuais de Fórmula 1)
Notas
editar- ↑ Canada returns to F1 championship Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine. – f1-live.com, November 27, 2009
- ↑ Montreal Grand Prix Is Back On for 2010 – The New York Times, 27 de novembro de 2009
- ↑ "Button scores tenth win in longest race ever". F1 Fanatic. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ [1] Arquivado 05 de agosto de 2014 en Wayback Machine. – Motor racing-Canadian GP organizers announce 10-year extension
- ↑ Automobile Year, 1978/79, page 235
- ↑ Peter Higham, The Guinness Guide to International Motor Racing, 1995, Page 362
- ↑ "Circuit Gilles Villeneuve". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 5 de setembro de 2011.