Clementina

froito cítrico híbrido

A clementina[1] (Citrus x clementina) é un froito cítrico híbrido, proveniente da hibridación entre a mandarineira e a laranxeira amarga, de onde provén ese característico sabor agre, pero á vez tamén doce. A clementina é coma unha mandarina de forma arredondada coa tona de cor laranxa escura, unha polpa zumarenta, xeralmente sen pebidas e de sabor doce[2].

Clementinas
Valor nutricional por 100 g
Enerxía198 kJ (47 kcal)
12.02 g
Azucres9.18 g
Fibra alimentaria1.7 g
0.15 g
0.85 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
7%
0.086 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.030 mg
Niacina (B3)
4%
0.636 mg
Ácido pantoteico (B5)
3%
0.151 mg
Vitamina B6
6%
0.075 mg
Ácido fólico (B9)
6%
24 μg
Colina
3%
14 mg
Vitamina C
59%
48.8 mg
Vitamina E
1%
0.20 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
3%
30 mg
Cobre
2%
0.043 mg
Ferro
1%
0.14 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
1%
0.023 mg
Fósforo
3%
21 mg
Potasio
4%
177 mg
Selenio
0%
0.1 μg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.06 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga86.58 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Historia

editar

Disque a orixe das clementinas foi unha hibridación accidental descuberta polo padre Clément Rodier a finais do século XIX. No xardín de laranxeiras amargas do seu orfanato en Misserghin, preto de Orán, Alxeria[3] atopou un pé diferente a todos os demais que botaba un máis doce, do que gustaban moito os rapaces do orfanato. Na honra do freire, púxoselle o nome ao froito. O nome Clemente, á súa vez viría do latín clemens, -ntis, ‘clemente’, cognome romano, habitual na época cristiá, e empregado por dezasete papas e varios santos[4].

Con todo, hai outros autores que opinan que se orixinou na China moito antes. James Saunt comenta "Algunhas autoridades cren que é virtualmente idéntica á variedade coñecida como Mandarina do Cantón cumpridamente cultivada nas provincias chinesas de Guangxi e Cantón."[5]

Outras clasificacións establecen as clementinas como mandarinas sen pebidas ou sementes, debido ao feito de seren froita híbrida.

Características

editar

O froito das clementinas é un hesperidio. O froito é oval e pequeno, cunha monda delgada, lisa e brillante de cor laranxa intenso. Estónase doadamente e unha vez feito, pódese separar facilmente en zumentos cuarteiróns en número de oito a catorce. O froito non contén normalmente sementes (pebidas), o cal é unha característica moi apreciada.

Nalgúns países non se diferencian as clementinas das mandarinas: en alemán denomínaselle normalmente "Mandarine". Con todo non debe ser confundido con froitas semellantes como a popular satsuma, que é outro nome da xaponesa mikan.

Este tipo de cítrico introduciuse en California para o seu cultivo en 1914, aínda que xa se cultivou experimentalmente desde 1909 no Citrus Research Center da Universidade de California, Riverside. As clementinas cultiváronse tradicionalmente en Marrocos e España, estando no comercio de Europa dende hai moitos anos. Nos Estados Unidos creouse un mercado para este tipo de froita, cando o frío inverno de 1997 en Florida arrasou as plantacións de laranxa, incrementando o prezo destas e diminuíndo a súa dispoñibilidade. As clementinas de California están no mercado desde mediados de novembro até finais de xaneiro, por iso en certas zonas coñécense como "laranxas de Nadal".

As clementinas perden a súa característica de ser froitos sen sementes cando as abellas fertilizan as súas flores con pole doutras especies de cítricos achegadas. Por iso é frecuente que haxa disputas entre cultivadores de clementinas e apicultores que teñen as súas abellas nas inmediacións das leiras.

Antioxidantes

editar

Como en todos os cítricos, o limoneno é un dos principais compoñentes dos óleos das clementinas. Outros constituíntes son: linalol, α-terpineol, α-pineno, β-pineno e mirceno.

  1. Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega/Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "clementine" (HTML). 
  4. Artigo en Portal das Palabras
  5. Citrun Varieties of the World (Second edition). Sinclair International Business Resources. 2000-01-01. ISBN 978-1872960012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 5