Clotario I foi o fillo máis novo de Clodoveo e Clotilde. Foi rei de Neustria (511-561), de Orleáns (532-561), de Borgoña, compartido co seu irmán Khildeberto (534-558), de Austrasia (555-561) e de París e de Borgoña (558-561).

Modelo:BiografíaClotario I

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Clotaire Ier Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento498 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 561 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSoissons Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (558–561)
Rei dos francos (511–558) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRadegunda (538 (Gregoriano)–)
Chunsene
Guntheuc
Aregunda
Ingund
Waldrada Editar o valor en Wikidata
FillosChlotsuinda (?)
 () Waldrada
Bilichilde
Khilperico I
 () Aregunda
Cariberto I
 () Ingund
Gontrán
 () Ingund
Sixeberto I de Austrasia
 () Ingund
Clodosvinda
 () Ingund
Gundoaldo, fillo ilexítimo
 ()
Chram
 () Editar o valor en Wikidata
PaisClodoveo I Editar o valor en Wikidata  e Clotilde da Borgoña Editar o valor en Wikidata
IrmánsClodomiro
Childeberto I
Teodorico I, rei franco
Ingomer
Clotilde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
The Nuttall Encyclopædia >>>:Clotaire I.
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Merovingian-52

Traxectoria

editar

No repartimento do Regnum Francorum, á morte do seu pai (511), Clotario obtén a Neustria. Casa con Ingonda no 517.

Á morte do seu irmán Clodomiro (524), Clotario casou coa súa viúva, Gondioque; pero aínda así non obtén o territorio do seu irmán defunto: a lei sálica impón a partición do reino entre os fillos de Clodomiro. Para evitalo, Clotario alíase con Khildeberto para organizar o asasinato dos seus novos herdeiros (532). Dos tres irmáns, dous foron asasinados, e o último (Clodoaldo) renunciará á súa parte e escollerá a vida monástica. Así, Clotario e Khildeberto, puidéronse repartir libremente o territorio do seu irmán.

No ano 531, casa con Radegunda. Pero ela preferirá retirarse a un convento, no canto de convivir ao seu lado, fundando en Poitiers a abadía da Santa Cruz, a primeira abadía feminina de Europa. Foi canonizada como Santa Radegunda. Volveu casar no 532 con Ingonda e logo coa súa irmá Arnegonda.

A morte de Teobaldo (neto de Teodorico, o seu irmán defunto) no 555, e a de Khildeberto (sen descendencia) no 558, permitirán a Clotario reunificar o Regnum Francorum do seu pai.

Aínda volveu casar con Chunsina, e logo con Vulderade (555) viúva de Teodebaldo, rei de Austrasia.

O seu reinado estivo marcado por numerosas campañas militares, a saber:

Ao final do seu reinado tivo problemas co seu fillo Cramne, que se revelou contra el en numerosas ocasións. Seguiu a Cramne ata Inglaterra, onde se refuxiara, e Clotario encerrouno a el e á súa muller e fillos nunha granxa e prendeulle lume. Perseguido polo remordemento, foi a Tours a implorar perdón sobre a tumba de San Martiño. Morreu pouco despois.

  NODES
todo 1