Club de Futbol Badalona

O Club de Futbol Badalona é o club de fútbol máis importante da cidade de Badalona na provincia de Barcelona, Cataluña. Foi fundado en 1903 e xoga no grupo III da Segunda División B Española.

CF Badalona
NomeClub de Futbol Badalona
Alcume(s)Azulones
Fundación1903
EstadioCamp del Centenari,
Badalona, Barcelona España
Inauguración1936
Capacidade10.000
Presidenteespañol Fermín Casquete Álvarez
Adestradorespañol Bernardo Fuentes
Liga2ªB - Grupo 3
2011-12
Na rede
http://www.cfbadalona.net/
Titular
Alternativo

Historia

editar

O actual Club de Futbol Badalona fundouse o 15 de maio de 1903, co nome de Football Bétulo Club polo atleta e músico Francesc Viñas Bosch, como unha escisión do Bétulo Sport (dedicado ao ciclismo, que creara a súa sección o ano 1900). En 1908, o club inscríbese nos rexistros federativos co nome de FC Badalona. Primeiro vestiu un uniforme azul e vermello a rallas con pantalón azul e non foi ata 1913 que adoptou o azul escapulado.

O primeiro terreo de xogo foi a praza do Sol, no barrio de Casagemes. No ano 1906 trasladouse ao campo do barrio de Manresà, preto de Montgat. En 1933 produciuse a fusión co Artiguense que fai que o club opte por cambiar de nome, pasa a denominarse Sport Club e trasládase ao outro extremo da cidade ao barrio de Artigues. O 11 de outubro de 1936, pouco despois do inicio da Guerra Civil, inaugurouse o campo da avenida de Navarra cun partido entre o Sport Club e o FC Barcelona.

Nos primeiros anos da posguerra o club atravesou moitas dificultades económicas. No entanto, consegue manterse desde 1947 a 1952 en Segunda División.

En 1953 o club perdeu a categoría e permaneceu en Terceira ata o 1963, chegando á militar durante cinco tempadas consecutivas en Segunda División. A forte crise industrial de principios dos anos setenta afectou ao futbol badalonés que entrou nunha longa etapa de crise. As achegas externas ao club foron practicamente nulas e o club por relevancia co tecido socioeconómico da cidade, era o do baloncesto.

Este proceso de decadencia do club parecía condenalo á desaparición nas vésperas de celebrar o seu centenario, pero a fusión coa Unió de l'Esport Badaloní, un club novo e en auxe, propiciada por Fermín Casquete deu novamente ás á entidade escapulada que ao final da tempada 2003-2004 conseguía o ansiado ascenso á Segunda División B.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta azul cunha barra escapulada branca, pantalón azul e medias azuis. Pequenos detalles amarelos en toda a indumentaria, en recordo ao CF Badaloní.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul claro cunha barra escapulada branca, pantalón azul claro e medias azul claro.
  • Terceiro uniforme: Camiseta marrón cunha barra escapulada laranxa, pantalón marrón e medias marróns.

Estadio

editar
Artigo principal: Camp del Centenari.

Camp del Centenari, fundado en 1936, con capacidade para 10.000 persoas. Dimensións 105x65 metros. Situado na Avenida de Navarra rexistrou ultimamente cheos históricos, chegando a facerse a onda por primeira vez na historia no partido que lle proclamou campión de 2ºB contra o L'Hospitalet.

Está prevista a construción dun novo estadio municipal proxectado polo arquitecto francés Dominique Perrault para ser construído no Torrent de la Batllòria, que estaba proxectado para a década de 1990, pero que se demorou por desacordos entre a entidade deportiva e o Concello de Badalona.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 14
  • Tempadas en 2ªB: 8 (Incluída a 2011/12)
  • Tempadas en : 40
  • Tempadas en Rexional: 18

Xogadores

editar

Cadro 2010/11

editar
Posto País Xogador
POR   David Valle
POR   Marcos
DEF   Bustillo
DEF   Oscar Ramírez
DEL   Sergio Martínez
DEF   Robles
MED   Carroza
MED   Charly Ruiz
MED   Jordi Ferrón
MED   Dani Guerrero
Posto País Xogador
MED   Max
MED   Xavi Muñoz
MED   Santi Villa
MED   Rubén Casado
DIA   Pugui
DIA   David Prats
DIA   Obioma Kwankpa
DIA   Sellarés
DIA   Víctor

Adestradores

editar

Cronoloxía de adestradores

editar

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar

Torneos nacionais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1