Clueless
Clueless é un filme estadounidense de 1995 escrito e dirixido por Amy Heckerling. Está protagonizado por Alicia Silverstone, Stacey Dash, Paul Rudd, Dan Hedaya e Brittany Murphy. Foi producido por Scott Rudin e Robert Lawrence. Está vagamente baseado na novela de 1815 Emma de Jane Austen, ambientado no tempo moderno en Beverly Hills.[4][5] O argumento céntrase en Cher Horowitz, unha moza adolescente e rica que se fai amiga dunha nova estudante chamada Tai Frasier e decide darlle un cambio de imaxe.
Clueless | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Clueless |
Director | Amy Heckerling |
Produtor | |
Guión | Amy Heckerling |
Intérpretes | Alicia Silverstone |
Música | David Kitay |
Fotografía | Bill Pope |
Montaxe | Debra Chiate |
Estudio | Paramount Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 19 de xullo de 1995 |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia adolescente |
Orzamento | 12 millóns de dólares[2] |
Recadación | 56,6 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.cluelessondvd.com | |
Clueless foi rodado en California ó longo de 40 días. A directora do filme estudou os estudantes de institutos reais de Beverly Hills para aprender a fala e as expresións dos adolescentes da década de 1990.
O filme recadou 56,1 millóns de dólares nos Estados Unidos. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e é considerado un dos mellores filmes adolescentes de tódolos tempos.[6][7][8][9] Clueless converteuse nun filme de culto e tivo continuación nunha serie de televisión, nunha serie de libros e Paramount Studios anunciou que estaba a producir un remake.
Personaxes
editar- Alicia Silverstone como Cher Horowitz
- Stacey Dash como Dionne Davenport
- Brittany Murphy como Tai Frasier
- Paul Rudd como Josh Lucas
- Dan Hedaya como Melvin "Mel" Horowitz ("Hamilton" nos créditos)
- Elisa Donovan como Amber Mariens
- Justin Walker como Christian Stovitz
- Wallace Shawn como Mr. Wendell Hall
- Twink Caplan como Ms. Toby Geist
- Julie Brown como adestradora Millie Stoeger
- Donald Faison como Murray Duvall
- Breckin Meyer como Travis Birkenstock
- Jeremy Sisto como Elton Tiscia
- Nicole Bilderback como Summer Han
- Sean Holland como Lawrence
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (28 de xullo de 1995). "Clueless (12)". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2015.
- ↑ thewrap.com (ed.). "Clueless - PowerGrid". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015.
- ↑ boxofficemojo.com (ed.). "Clueless (1995) - Box Office Mojo". Consultado o 18 de xullo de 2015.
- ↑ Mazmanian, Melissa. "Reviving Emma in a Clueless World: The Current Attraction to a Classic Structure. Persuasions Online: Occasional Papers No. 3. Fall 1999. Jane Austen Society of North America website. Consultado o 12 de novembro de 2013.
- ↑ Stern, Lesley. "Emma in Los Angeles" Clueless as a remake of the book and the city. Arquivado 06 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Australian Humanities Review website, 1997. Consultado o 12 de novembro de 2013.
- ↑ "Clueless | Issue 109 | Philosophy Now". philosophynow.org. Consultado o 21 de decembro de 2015.
- ↑ Susannah Cahalan (5 de xullo de 2015). "An oral history of the cult classic that is 'Clueless'". New York Post. Consultado o 12 de xullo de 2015.
- ↑ "Which 90s Films Are Cult Classics?". ChaCha. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015.
- ↑ Hawkins, Ashley (21 de xullo de 2014). Neon Tommy, ed. "5 Cult Classic Films That Never Get Old". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Clueless na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)