Cobra de ferradura
A cobra de ferradura[1][2] (Hemorrhois hippocrepis, antes Coluber hippocrepis) é unha especie de cobra da familia Colubridae.
Cobra de ferradura | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar de Hemorrhois hippocrepis en Madrigal de la Vera, España. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Hemorrhois hippocrepis' (Linneo, 1758) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Coluber hippocrepis (Linneo, 1758) |
Descrición
editarEstas serpes teñen formas estilizadas, a cabeza bicuda, bastante diferenciada do tronco e un rabo longo e delgado. Trátase dunha serpe moi veloz e áxil, que pode subir con gran facilidade aos arbustos, árbores e rochas na procura de presas ou niños de aves. Esta cobra pode medir como media un metro, pero pode chegar a 156 cm en casos extremos. Ten unha cor amarela de fondo pouco evidente, xa que tanto a cabeza como o dorso posúen manchas negras que, en conxunto, lle dan ao réptil un ton escuro case negro. O ventre é amarelo, laranxa ou vermello. Pupila redonda. Na parte posterior da cabeza, unha destas manchas ten, con frecuencia, a forma dunha ferradura (forma de U ou V invertidos) que rodea a caluga.[3] A esta característica debe o seu nome en moitos idiomas.
Distribución
editarVive na Península Ibérica, menos nas zonas máis ao norte e no noroeste de África. En Galicia é rara (ver Lista de réptiles de Galicia). Na Península Ibérica distribúese esencialmente na metade meridional, sen superar normalmente o norte do Sistema Central; polo oeste téñense detectado en partes do Macizo Galaico e pola zona leste chega ata Cataluña. Máis ao sur vive no noroeste de África de Marrocos a Libia e pode baixar polo sur na estepa subdesértica subsahariana. Tamén hai poboacións nas illas de Sardeña e Pantelleria.
Hábitat
editarHabita nos bosques secos ou en zonas pedregosas cubertas de mato. A súa principal ameaza é a perda do seu hábitat, pero a IUCN dálle o status de "pouco preocupante".[4]
Alimentación
editarEsta serpe é activa polo día, e a súa alimentación é moi variada. Adoitan comer lagartas, outras serpes (incluso da súa mesma especie), pequenos mamíferos como ratos ou musarañas e aves. Esta cobra é belicosa e moi agresiva. Poden responder a calquera ataque, mesmo se a especie que a ataca é o dobre de grande. Ademais, se algunha outra especie trata de cazala, revólvese e utiliza a cola como látego ou morde.
Notas
editar- ↑ Digalego Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 997. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Arnold, E. N., Burton, J. A. Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y de Europa. Editorial Omega, Barcelona 1987. Páxina 191. ISBN 84-282-0488-8.
- ↑ Miras, J.A.M., Cheylan, M., Nouira, M.S., Joger, U., Sá-Sousa, P. &Pérez-Mellado, V. 2005. Hemorrhois hippocrepis. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Downloaded on 28 July 2007. [1]
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Cobra de ferradura |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cobra de ferradura |