Para a palmeira Coccus nucifera e o seu froito ver coco. Para outros usos ver coco (homónimos).

Coco é un termo utilizado para designar as bacterias que teñen forma esférica [1]. É un dos catro tipos morfolóxicos principais das bacterias, que son: coco, bacilo, espirilo e vibrio. Coco procede do latín coccus e este á súa vez do grego kokkos (κόκκος), que significa "baga".[2]

Micrografía electrónica de varrido de colonias de Staphylococcus aureus con forma de acio de uvas.
Posibles agrupacións dos cocos.

As bacterias con forma de coco poden vivir separadas ou poden agruparse, segundo as especies[3]. Poden agruparse por parellas (diplococos), cadeas (estreptococos) ou grupos dispostos en formación cuboidal de oito células (sarcinas), ou en grupos con forma de acios irregulares (como os estafilococos) ou de catro células en disposición cadrada (tétrades). As bacterias con forma intermedia entre os cocos e os bacilos denomínanse cocobacilos.

Algúns cocos orixinan enfermidades importantes e déuselle nome en función da doenza, como o gonococo ou o meningococo.

En botánica

editar

O termo coco tamén se usa en botánica (o que se corresponde moi ben coa súa etimoloxía), onde se utiliza para describir certos froitos e significa mericarpo ou segmento con semente dun esquizocarpo.

  1. M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 64. ISBN 84-205-3679-2.
  2. LSJ. Liddell, Henry George; Scott, Robert; A Greek–English Lexicon at Perseus Project - κόκκος
  3. Councilman, William Thomas. Disease and Its Causes. Project Gutenberg. Consultado o xaneiro 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Project 2
todo 1