O coiro cabeludo é a pel que reviste o cranio do ser humano e que posúe cabelo. É diferente das outras peles por que baixo esta hai unha estrutura moi vascularizada, formada por unha ramificación enorme de vasos sanguíneos e que é a responsable das grandes hemorraxias que causan as feridas que se producen aquí.

Coiro cabeludo.

Este tecido fino, fráxil e altamente vascularizado recibe o nome de galea aponeurótica. As feridas neste lugar deben ser necesariamente suturadas para evitar a formación de hematomas.

A máis externa das súas cinco capas é na que se presenta a caspa.

Anatomía

editar

O coiro cabeludo componse de pel (polo xeral, con cabelo) e de tecido subcutáneo, e cobre o curucho dende as liñas nucais superiores do óso occipital ata as marxes supraorbitarios do óso frontal. O coiro cabeludo esténdese lateralmente sobre a facia temporal ata os arcos cigomáticos. Anatomicamente, o coiro cabeludo está considerado como unha estrutura única, independente da pel. Está formado por catro capas que son:

  • Pel: O grosor da epiderme e derme varía entre 3 e 8 mm.
  • Epicranio e galea aponeurótica: os músculos occipal e frontal conéctanse no vértice do cranio pola chamada galea aponeurótica, que constitúe a lámina máis firme e resistente do coiro cabeludo e é tamén a responsable da escasa posibilidade de distensión do mesmo.
  • Subepicranio (plano subgaleal ou espazo de Merkel): é o espazo entre a galea e o epicranio ocupado por un tecido delgado e lacio con poucos vasos sanguíneos.
  • Pericranio: é o estrato profundo, intimamente adherido á táboa externa do cranio.
  NODES
todo 1