Colectivo

conxunto de persoas con intereses común

Un colectivo é un grupo de persoas que comparten, están motivadas ou traballan a prol dun mesmo tema, interese, ou obxectivo.

Características

editar

Caracterízanse por compartir e exercer o poder político e social, e tomar decisións baseadas no consenso e nos principios igualitarios. Aínda que un colectivo pode buscar beneficios económicos isto non é unha condición definitoria, o cal o diferencia dunha cooperativa.

Un colectivo tamén pode estar conformado por individuos de diversas motivacións que compartan un sitio onde vivir, xa sexa unha estrutura ou unha zona. A conciencia colectiva é un termo creado polo teórico francés Émile Durkheim, que describe como unha comunidade chega a compartir valores comúns.

  NODES
todo 1