Colin Steele McRae, MBE, nado en Lanark o 5 de agosto de 1968 e finado en accidente de helicóptero o 15 de setembro de 2007 en Jerviswood (Lanark), foi un piloto de rallys escocés. Venceu no mundial de rallys en 1995, e conseguiu o podio en catro edicións máis.

Modelo:BiografíaColin McRae

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1968 Editar o valor en Wikidata
Lanark, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Lanark, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de altura Editar o valor en Wikidata
EducaciónLanark Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncopiloto, piloto de automobilismo, piloto de rally Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
CopilotoDerek Ringer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJimmy McRae Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlister McRae Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 21575062 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

McRae comezou a súa traxectoria como piloto de rallys en 1986, ao volante dun Talbot Sunbeam. Competidor habitual o campionato escocés de rallys, despois pasou a pilotar un Vauxhall Nova, co que participou na súa primeira proba dun mundial de rallys, o rally de Suecia de 1987, e logo un Ford Sierra XR 4x4, co que regresou á proba sueca en 1989 quedando de 15º na xeral. En 1989 rematou 5º do Rally de Nova Zelandia pilotando un Sierra Cosworth con tracción traseira.

En 1991 pasa xa a conducir un Prodrive (fabricante británico de Subaru) e con el consegue en dous anos consecutivos o campionato británico de rallys, nese ano e no seguinte. En 1993 conságrase vencendo no rally de Nova Zelandia, proba integrante do mundial de rallys, cun Subaru Legacy. A partir dese momento mantense fiel á escudería Subaru, facendo equipo co outro piloto da casa, o español Carlos Sainz (e mais o seu copiloto, o galego Luís Moya). Con Subaru conseguiría os seus títulos máis importantes, vencendo no mundial de rallys de 1995, sendo segundo en 1996, 1997 e terceiro en 1998. Dende 1997 o seu copiloto foi o galés Nicky Grist. Ademais, grazas a el Subaru conseguiu o título mundial de fabricantes en 1995, 1996 e 1997.

En 1999 McRae mudou para a Ford pilotando un Focus. Porén, se ben obtivo a vitoria nos rallys Safari e de Portugal nese ano, non conseguiu un bo resultado global. A mellor clasificación ao volante do Focus obtívoa en 2001, cando acadou o subcampionato mundial de rallys. En 2002, logo de vencer unha vez máis no Safari, converteuse no piloto que máis rallys do mundial vencera, pero ese récord perdeuno xa ao ano seguinte a mans de Carlos Sainz.

En 2003 fichou pola Citroën, pero non pasou da sétima praza na clasificación mundial, sen conseguir gañar en ningún rally, se ben axudou a que a firma francesa conseguise o título mundial de fabricantes. En 2004 quedou sen equipo, pero non deixou o automobilismo, e participou no rally Dakar de 2004 guiando un camión Nissan, e tamén nas 24 horas de Le Mans. Ademais disputou ao volante dun Škoda Fabia probas do campionato británico e con ese mesmo coche, en 2006, correu no Rally de Australia, onde tivo que retirarse por problemas mecánicos. Tamén ese ano, pero ao comezo da tempada seguinte, correu con Citroën subsituíndo a un lesionado Sébastien Loeb no rally de Turquía, pero só puido ser décimo por problemas mecánicos. Aínda que nunca oficialmente retirado, en 2007 xa non competiu en ningunha proba do mundial de rallys.

Vitorias en probas do mundial de rallys

editar
Ano Rally Copiloto Coche
1993   Rally de Nova Zelandia Derek Ringer Subaru Legacy RS
1994   Rally de Nova Zelandia Derek Ringer Subaru Impreza 555
1994   Network Q Rally Derek Ringer Subaru Impreza 555
1995   Rally de Nova Zelandia Derek Ringer Subaru Impreza 555
1995   Network Q Rally Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996   Rally Acrópole Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996   Rally San Remo Derek Ringer Subaru Impreza 555
1996   Rally de Cataluña Derek Ringer Subaru Impreza 555
1997   Rally Safari Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997   Rally de Córsega Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997   Rally San Remo Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997   Rally de Australia Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1997   Network Q Rally Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998   Rally de Portugal Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998   Rally de Córsega Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1998   Rally Acrópole Nicky Grist Subaru Impreza WRC
1999   Rally Safari Nicky Grist Ford Focus WRC
1999   Rally de Portugal Nicky Grist Ford Focus WRC
2000   Rally de Cataluña Nicky Grist Ford Focus WRC
2000   Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2000   Rally da Arxentina Nicky Grist Ford Focus WRC
2001   Rally de Chipre Nicky Grist Ford Focus WRC
2001   Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2002   Rally Acrópole Nicky Grist Ford Focus WRC
2002   Rally Safari Nicky Grist Ford Focus WRC

Vida persoal

editar

Colin McRae era fillo de Jimmy McRae, quen fora cinco veces campión británico de rallys. O seu irmán Alister McRae tamén era piloto profesional.

Casado e con dous fillos, logo de vivir durante uns anos en Mónaco, mudouse para unha propiedade do século XVII en Jerviswood, ao norte de Lanark. O 15 de setembro de 2007, contra as catro da tarde, produciuse un accidente de helicóptero da súa propiedade, un Eurocopter Ecureuil, nas proximidades da súa vivenda. No accidente faleceron McRae, un dos seus fillos, e dúas persoas máis[1].

Foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico pola raíña Isabel II do Reino Unido en 1996.

  NODES
iOS 1
os 20
todo 1