Colin Renfrew
Andrew Colin Renfrew, nado en Stockton-on-Tees o 25 de xullo de 1937 e finado en Cambridge o 24 de novembro de 2024, foi un arqueólogo británico. O seu nome vai ligado á hipótese anatólica sobre a Urheimat (patria orixinaria) dos indoeuropeos (Teoría da continuidade), segundo a cal os proto-indoeuropeos terían xurdido entre o VII e o VI milenio a. C. en Anatolia e desde alí se terían espallado, por irradiación cultural e non por migración física, cara Europa, difundindo as conquistas da Revolución agropecuaria do Neolítico. A hipótese de Renfrew oponse a alternativa kurgánica de Marija Gimbutas.
Traxectoria
editarRenfrew despois de estudar en St Albans (Hertfordshire), entre 1956 e 1958 prestou servizo militar na Royal Air Force. Unha vez licenciado, asistíu aos cursos de Arqueoloxía e de Antropoloxía no St John's College da Universidade de Cambridge, na que se graduou no ano 1961. No 1965 defendeu a súa tese de doutoramento: Neolithic and Bronze Age cultures of the Cyclades and their external relations ("As culturas neolíticas e da Idade de Bronce das illas Cícladas e as súas relacións externas") e casou con Jane M. Ewbank.
Desde 1965 foi investigador adscrito ao departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade di Sheffield. Entre 1968 e 1970 dirixiu escavacións arqueolóxicas en Sitagroi, Grecia. No ano 1972 obtivo a cátedra de Arqueoloxía na Universidade de Southampton, pasando a dirixir de seguido escavacións nas illas Orcadas (Gran Bretaña) e máis en Milos, Grecia. Máis tarde volveu a Sitagroi, onde traballou con Marija Gimbutas.
En 1981 foi chamado pola Universidade de Cambridge, na cal ensinou arqueoloxía até o ano da súa xubilación (2001). No 1990 tornouse director do Instituto de Investiagación Arqueolóxica "McDonald". Desde 2004 é presidente do Managing Council for the British School en Atenas.
Honras
editar- En 1991 foi nomeado "barón de Kaimsthorn", no distrito de Renfrew (Escocia).
- No 2004 foi distinguido co Premio Balzan polo seu labor en Arqueoloxía.
Obra publicada
editar- The Emergence of Civilisation: The Cyclades and the Aegean in The Third Millennium BC, Londres. 1972.
- Before Civilisation, the Radiocarbon Revolution and Prehistoric Europe, Pimlico, Londres. 1973. ISBN 0-7126-6593-5
- An Island Polity, the Archaeology of Exploitation in Melos, con Malcolm Wagstaff (ed.), Cambridge University Press, Cambridge 1982.
- The Archaeology of Cult, the Sanctuary at Phylakopi (ed.), British School at Athens and Thames & Hudson, Londres. 1985.
- Archaeology and Language: The Puzzle of Indo-European Origins, Pimlico, Londres. 1987. ISBN 0-7126-6612-5
- Archaeology: Theories, Methods and Practice, con Paul Bahn, Thames and Hudson, Londres 1991. ISBN 0-500-28147-5
- Loot, Legitimacy and Ownership: The Ethical Crisis in Archaeology, Duckworth, Londres. 2000. ISBN 0-7156-3034-2
- Figuring It Out: The Parallel Visions of Artists and Archaeologists, Thames and Hudson, Londres. 2003. ISBN 0-500-05114-3
- Prehistoric Sitagroi : excavations in northeast Greece, 1968-1970, con Marija Gimbutas ed Ernestine S. Elster (ed.), Cotsen Institute of Archaeology, University of California, Los Angeles, 1986-2003.