A compaixón (do latín cumpassio, á súa vez do grego συμπάθεια ("sympathia"), palabra composta de συν πάσχω + = συμπάσχω, "sufrir xuntos") é entendida como a empatía cara a outras persoas para compartir a dor. A compaixón frecuentemente combinase cun desexo de aliviar o sufrimento doutra persoa para demostrar especial xentileza con aqueles que sofren. A compaixón pode levar alguén a sentir empatía polo outro, é dicir, poñerse no lugar de dita persoa e chegar a comprendela. A compaixón é frecuentemente caracterizada a través de accións, nas cales unha persoa busca axudar a aqueles polos que se compadece.

Compaixón, de Adolphe Bouguereau (1897).

A compaixón é o sentimento de pena ou mágoa que produce o sufrimento ou os males alleos e que leva a tratar de evitalos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
os 11
todo 1