Comunidad de Teruel
A Comunidad de Teruel é unha comarca situada no sur da provincia de Teruel, en Aragón. A súa capital é Teruel.
Epónimo | Community of villages of Teruel (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Teruel | ||||
Capital | Teruel | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.791,6 km² | ||||
Xeografía
editarLimita ao norte coas comarcas do Jiloca e as Cuencas Mineras, ao oeste coa Sierra de Albarracín, ao leste co Maestrazgo e Gúdar-Javalambre e ao sur coa provincia de Cuenca (Castela-A Mancha) e o Rincón de Ademuz, xa na provincia de Valencia (Comunidade Valenciana).
Municipios
editarA comarca engloba aos municipios de Ababuj, Aguatón, Aguilar del Alfambra, Alba, Alfambra, Almohaja, Alobras, Alpeñés, Argente, Camañas, Camarillas, Cañada Vellida, Cascante del Río, Cedrillas, Celadas, Cella, Corbalán, Cubla, El Cuervo, Cuevas Labradas, Escorihuela, Fuentes Calientes, Galve, Jorcas, Libros, Lidón, Monteagudo del Castillo, Orrios, Pancrudo, Peralejos, Perales del Alfambra, El Pobo, Rillo, Riodeva, Santa Eulalia del Campo, Teruel, Tormón, Torrelacárcel, Torremocha de Jiloca, Tramacastiel, Valacloche, Veguillas de la Sierra, Villarquemado, Villastar, Villel e Visiedo.
Historia
editarA lei de creación da comarca é a 7/2003 do 12 de marzo de 2002.[1] Foi constituída o 28 de abril de 2002. As competencias fóronlle traspasadas o 1 de outubro de 2003.
Economía
editarA industria da comarca concéntrase principalmente na capital, Teruel. Nas demais poboacións destaca a gandería, grazas á elaboración de xamóns con denominación de orixe; e a agricultura, especialmente a de secaño. Tamén son importantes para a súa economía o Parque paleontolóxico de Galve e o parque temático Dinópolis.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comunidad de Teruel |
- Sitio web da Comunidad de Teruel (en castelán)
- Comunidad de Teruel, en comarcaacomarca.com Arquivado 07 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Comunidad de Teruel (en castelán)