Conakry, ás veces transcrito como Conacri,[1] é a capital e a cidade máis importante de Guinea. Situada na illa de Tombo, na costa do océano Atlántico, é o maior núcleo urbano de Guinea e o centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa poboación, en 2005, era de 1 871 185 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaConakry
Conakry (fr)
ߞߐߣߊߞߙߌ߫ (nqo)
Kɔnakiri (sus)
𞤑𞤮𞤲𞤢𞥄𞤳𞤭𞤪𞤭 (ff) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°30′33″N 13°42′44″O / 9.5091666666667, -13.712222222222
EstadoGuinea
RexiónConacri (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.667.864 (2014) Editar o valor en Wikidata (3.706,36 hab./km²)
Lingua usadalingua francesa
Guinean Sign Language (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie450 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2GN-C Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

A economía da cidade desenvólvese, especialmente, arredor do seu porto, que está dotado de modernas instalacións para o tráfico de mercadorías e a almacenaxe, e polo cal se exportan aluminio e bananas. Ten crecente importancia a industria alimentaria e a do automóbil.

A cidade é coñecida polos seus xardíns botánicos.

Xeografía

editar

Inicialmente Conakry naceu na pequena illa de Tombo, no sur da costa atlántica do país, pero o seu crecemento fixo que a cidade se estendese pola península de Kaloum, unha estreita lingua duns 36 km de lonxitude e unha anchura que oscila entre 0,2 e 0,6 km, e mesmo acabase por ocupar terras no continente. En Tombo radica a cidade vella, pero o centro da cidade está na actualidade na península.

O clima da cidade é tropical, cunha estación chuviosa e outra seca.

Breve historia

editar

Conakry foi creada oficialmente en 1887, cando os colonizadores franceses reuniron a aglomeración de catro aldeas: Conakry, Boulbinet, Krutown e Tombo. Conakry converteuse en capital da colonia das «Rivières du Sud» (Ríos do Sur) en 1889, que mudou o seu nome como a Guinea Francesa (Guinée-Française) en 1891.

A apertura dun ferrocarril (actualmente clausurado), que a unía con Kankan, no interior do país, favoreceu a exportación das colleitas de cacahuetes, fomentando o crecemento da cidade. Con todo a súa poboación era só de arredor de 50.000 habitantes en 1958. O boom ocorreu logo da independencia, de xeito que en 1968 superaba xa ben os 500.000 moradores. A expansión posterior, até os cerca de 2 000 000 de habitantes en 2008, fixo que a cidade desbordase os seus límites insulares e se espallase pola próxima península de Kaloum.

Centros universitarios

editar

Desde 1963 a cidade conta coa Universidade Gamal Abdel Nasser de tipo público. En 1999 foi creada a Universidade Kofi Annan, de carácter privado.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.

Véxase tamén

editar
  NODES
iOS 3
mac 1
multimedia 1
os 21
todo 2