Conca do Mediterráneo
A conca do Mediterráneo é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.
Tipo | bioregion (en) sea basin (en) | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Mar Mediterráneo | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Superficie | 4.000.000 km² | |||
Nela desenvolvéronse as denominadas civilizacións mediterráneas, cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha cultura mediterránea en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de cultura ou civilización viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da globalización; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do turismo, que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa cultura mediterránea, ademais da herdanza cultural da Antigüidade clásica e do enfrontamento secular de civilizacións (grecorromana, xudeocristiá, islámica), moitos da vida cotiá, como a dieta mediterránea (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos especificamente adaptados á rexión: pan do trigo, aceite da oliveira e viño da vide -ás veces denominados triloxía mediterránea-); a animada vida e o espírito de festa estimuladas pola benignidade do clima mediterráneo; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.[1]
A unidade do Mediterráneo preténdese activar periodicamente por certas iniciativas políticas (Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo) e ata deportivas (Xogos do Mediterráneo).
Notas
editar- ↑ Mediterráneo (canción), de Joan Manuel Serrat. etc.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conca do Mediterráneo |