Concello de Hedemora

Hedemora é un concello sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é Hedemora. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 15 432 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Hedemora
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°17′00″N 15°59′00″L / 60.2833, 15.9833
EstadoSuecia
CondadoCondado de Dalarna Editar o valor en Wikidata
CapitalHedemora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15.294 (2024) Editar o valor en Wikidata (16,47 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie928,81 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Hedemora Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataIngvar Damm (en) Traducir (2006–2008)
Ulf Hansson (en) Traducir (2009–2017)
Ola Gilén (en) Traducir (2018–2019)
Christina Lundgren (en) Traducir (2019–2019)
Stefan Norberg (en) Traducir (2019–2022)
Göran Hoffman (en) Traducir (2022–2022)
Lennart Mångs (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Bauska (en) Traducir
Nysted (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webhedemora.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: hedemorakommun Twitter: Hedemorakommun Instagram: hedemorakommun LinkedIn: hedemora-kommun Youtube: UCdj_nLeOCO21EN3F3dvwKIQ Editar o valor en Wikidata

Hedemora limita cos municipios de Smedjebacken, Säter, Falu, Avesta, Hofors (no condado de Gävleborg) e de Norberg (no condado de Västmanland).

O río Dal atravesa o concello de Hedemora e o esker de Badelundaåsen tamén percorre o municipio.

Administración histórica

editar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Garpenberg, Hedemora e Husby. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reformamunicipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Hedemora, dende 1446, na que en 1863 se formou unha cidade municipal.

Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Garpenberg integrouse no de Hedemora, mentres que a cidade de Hedemora e o municipio rural de Husby non se viron afectados.

En 1967 os concellos rurais de Hedemora e Husby integráronse na cidade de Hedemora. O concello de Hedemora fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización da cidade de Hedemora.[3]

Dende a súa formación ata o ano 2001 o concello pertenceu ao partido xudicial de Hedemora e dende entón pertence ao de Falu.[4]

Historia

editar

Prehistoria

editar

En Hedemora atopáronse unhas 40 machadas de pedra verde (trindyxa), das cales 10 apareceron en Strandgården xunto ao río Dal e o resto na paisaxe cha ao redor da cidade. Este é un número baixo en comparación coas aparecidas nas parroquias de Folkarebygden e Västerfärnebo no sueste, que durante a idade de pedra se atopaban nunha baía mentres que Hedemora estaba máis cara ao interior. As machadas están datadas no IV milenio a. C. e tamén se atopou un remo da mesma época en Åkermyran, entre Västerby e Österby.[5]

No concello hai 13 lugares de enterramento da idade de ferro que se atopan concentrados priincipalmente en dúas áreas xunto ao río Dal e cara Västerby. En total hai unha 45 tumbas.[5] Dúas tumbas da Idade de Ferro menor (yngre järnåldern) atópanse en Hundkullen, ao noroeste da cidade de Hedemora, aínda que foron saqueadas.[6] Ao carón do actual circuíto de carreiras hai dúas tumbas máis. Unha delas, un montículo, foi investigada por Inga Serning en 1959. Despois atopou un ataude de pedra con ósos queimados e un alfinete de ferro. A segunda, un stensättning, foi investigada e saqueada por Åke Hyenstrand en 1963. Nela había ósos queimados, unha pinza de ferro e fragmentos de cerámica da Idade de Ferro menor. A cerámica é a primeira da idade de ferro atopada en Dalarna.[5]

Os montes de escoura dos séculos VI-VIII indican unha produción primitiva de ferro na zona.[5]

No concello de Hedemora existen seis áreas de túmulos da Idade de Ferro.[6]

Idade Media

editar

Hedemora atópase onde se xuntan os ríos Dal e Badelundaåsen, dous camiños historicamente importantes cara ao Alto Dalarna. Polo tanto, durante a Idade Media habá polo menos unha e posiblemente dúas fortificacións, chamadas Grådö skans e Borgaholm. Estas arderon no século XV e foron substituídas pola fortaleza de Borganäs a uns quilómetros río arriba, no concello de Borlänge.

En Hedemora hau varios xacementos de mineral que foron extraídos a escalas diferentes. Os máis importantes estaban en Norberg, Bispberg e Vikaberg (actual Olshytteberget). Posteriormente as minas en Garpenberg pasaron a xogar un papel máis importante, e onde ademais de ferro extraíase cobre e posteriormente outros minerais. De todas as minas de Dalarna, só a mina de mineral de sulfuro de Boliden en Garpenberg aínda está en funcionamento. A extracción de mineral deu lugar a varias pequenas industrias relacionadas co manexo do ferro na zona, incluídas as plantas de Larsbo-Norn e Dormsjö. Os nomes de moitos pobos pequenos rematan en -hyttan, que significa algo así como taller de fundición. En Vikmanshyttan e Långshyttan a manipulación do aceiro segue sendo importante.

O feito de que moitas persoas e bens pasasen por Hedemora deu lugar a aparición dun lugar de mercado, onde se celebran o Pålsmässomarknaden e o mercado de Hedemora, que co tempo se convertería en permanente.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-28. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-28. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Domsagohistorik - Hedemora tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Hedemora socken : [en bygd i förändring]. Hedemora: Hedemora kommun. 1982 ;. ISBN 91-7260-723-8. OCLC 186186628. 
  6. 6,0 6,1 Christina., Kvarnström Eriksson, (1998). Upptäck Hedemoras kulturminnen : liten utflyktsguide. [s.n.] OCLC 186997318. 
  NODES
admin 2
todo 1