Condado de Békés
Condado de Békés (Húngaro: Békés megye; Romanés: judeţul Bichiş; Eslovaco: Békešská župa) é un condado administrativo (megye) situado no sueste de Hungría, na fronteira con Romanía. O condado fai fronteira cos condados húngaros de Csongrád, Jász-Nagykun-Szolnok e Hajdú-Bihar. A capital do condado de Békés é Békéscsaba. O condado forma parte da eurorexión Danube-Kris-Mures-Tisa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Hungría | ||||
Capital | Békéscsaba | ||||
Contén a división administrativa | Békés District (en) Békéscsaba District (en) Gyomaendrőd District (en) Gyula District (en) Mezőkovácsháza District (en) Orosháza District (en) Sarkad District (en) Szarvas District (en) Szeghalom District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 315.222 (2022) (55,99 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.629,71 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de marzo de 1950 | ||||
ISO 3166-2 | HU-BE | ||||
Código NUTS | HU332 | ||||
Sitio web | bekesmegye.hu |
Xeografía
editarBékés está situado na gran chaira húngara. O condado ten unhas precipitacións medias anuais de 645 mm/ano . Un quinto das reservas húngaras de gas atópanse no condado. O río Körös/Criş é o maior río que atravesa o condado.
Demografía
editarO condado ten unha poboación de 392.000 habitantes (2001). Máis do 60 % da poboación vive en vilas. Despois da maioría húngara , as minorías maiores son os eslovacos (7.000), os xitanos (5.000), os romaneses (4.000), os alemáns (1.500) e os serbios (400).
Estrutura rexional
editarA estrutura rexional do condado de Békés é típica da gran chaira húngara: o condado posúe poucas vilas pero as que ten, teñen unha destacable poboación. O 70% da poboación vive en vilas e cidades, o 17% viven na capital do condado.
Cidade con dereitos de condado
editarVilas principais
editar(ordenadas por poboación, segundo o censo do 2001)
Gyula (32.967) | Vésztő (7.656) | |
Orosháza (32.052) | Mezőkovácsháza (7.026) | |
Békés (21.657) | Battonya (6.747) | |
Szarvas (18.563) | Tótkomlós (6.638) | |
Gyomaendrőd (15.523) | Füzesgyarmat (6.565) | |
Mezőberény (11.551) | Mezőhegyes (6.355) | |
Sarkad (10.959) | Csorvás (5.765) | |
Szeghalom (10.201) | Elek (5.583) | |
Dévaványa (8.986) |