Condado de Dalarna

O Condado de Dalarna, ou Dalarnas län é un condado ou län situado no centro de Suecia, na rexión de Svealand. O condado fai fronteiras cos condados de Jämtland, Gävleborg, Västmanland, Örebro e co condado de Värmland. O condado de Dalarna tamén fai fronteira cos condados noruegueses de Hedmark e Sør-Trøndelag. O condado está dividido en 15 concellos e a súa capital é a cidade de Falun. No mes de setembro de 2022 o condado tiña unha poboación de 288 446 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaCondado de Dalarna
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°40′43″N 15°36′02″L / 60.678559, 15.600586
EstadoSuecia Editar o valor en Wikidata
CapitalFalun Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación286.455 (2024) Editar o valor en Wikidata (10,16 hab./km²)
Lingua usadaLingua saami meridional Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie28.188,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude179 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1634 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Gobernador Editar o valor en WikidataYlva Thörn (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2SE-W e SE-20 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSSE312 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Chengdu (2004–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webw.lst.se Editar o valor en Wikidata

A provincia histórica de Dalarna é lixeirmente máis grande que o condado, xa que inclúe as partes máis occidentais do concello de Ljusdal, que pertence ao condado de Gävleborg.

Administración histórica

editar

Divisións máis antigas

editar

As divisións administrativas no pasado non estaban moi ben definidas. Ás estaba Dalarna baixo o control do alguacil do castelo de Västerås, e ás veces baixo o control do seu propio alguacil. Neste sentido, os distritos mineiros (bergslager) tamén tiñan unha posición especial cos seus propios alguacís (bergsfogdar), que á súa vez estaban subordinados ao alguacil de Dalarna. En 1533 Gustav Vasa dividiu Dalarna (Tuna län) en dous bailiados (fögderier). As igualcións nestas divisións chegaron máis tarde. Baixo o reinado de Gustavo II Adolfo e a rexencia de Cristina de Suecia, intentouse establecer un condado mineiro (bergslän) especial, que incluiría aos distritos mineiros de Dalarna e Västmanland.

Porén, o instrumento de goberno de 1634 determinou que "Dalarna e Kopparbergslagen" constituirían un condado separado. Este inicialmente non incluía todo o condado actual, que foi establecido en 1647 por unha carta real.

Cambios nos límites

editar

O 1 de xaneiro de 1864 (segundo un decreto do goberno do 13 de novembro de 1863) transferíse o Hamra kapellag (posteriormente a congregación de Hamra) do condado de Kopparberg ao de Gävleborg. Esta congregación pertencera anteriormente áparroquia de Orsa.[2]

Concellos

editar
 
Concellos do condado de Dalarna

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 6
todo 2