Constantin Brâncuși
Constantin Brâncuşi, ou Constantin Brancusi na grafía francesa, nado en Hobiţa (distrito Gorj, preto da cidade de Târgu Jiu) o 19 de febreiro de 1876 e finado en París o 16 de marzo de 1957, foi o máis famoso escultor romanés. As súas obras atópanse en museos de Francia, Estados Unidos, Romanía e Australia.
Traxectoria
editarBrâncuşi estudou arte en Craiova (cidade do distrito Dolj, Romanía) desde 1894 a 1898. Logo continuou os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes en Bucarest desde 1898 ata 1901. Chegou a París en 1904 para perfeccionar os seus estudos. Como estudante de arte foi influído por Auguste Rodin e foi un dos primeiros artistas da arte moderna. Estableceu amizade con Amedeo Modigliani, Erik Satie e Marcel Duchamp. A súa obra evolucionou cara a unha eliminación dos detalles que o conduciu case á abstracción. Realizou unha serie de esculturas en metal chamadas "Paxaro no Espazo". En 1928 Joyce visita a Brâncuşi en París. Ao ano seguinte o escultor debuxa varios retratos de Joyce para a portada de varios dos seus traballos, os retratos foron de inspiración simbólica, trazos circulares. Brâncuşi dixo de Joyce " Joyce é así mesmo, comeza nun punto e non volves a velo xamais nel" [1]
En Târgu Jiu hai un conxunto escultórico realizado por el de grande importancia. Estas obras atópanse dispostas en liña recta e son:
Este conxunto escultórico simboliza a vida do ser humano.
A Mesa do Silencio e a Porta do Bico atópanse no parque principal da cidade; entre as mesmas atópanse cadeiras tamén feitas por Brancusi e seguindo a imaxinaria liña determinada por estas dúas, chégase a unha das igrexas ortodoxas da cidade. Continuando aínda máis por esta liña, chégase á Columna do Infinito (considerada a súa obra cume) situada tamén nun parque. Entre as obras de Brancusi atópanse: Nai dormente (1906-10), O Bico (1908), A Sabedoría (1909), Prometeo (1911), O Comezo do Mundo (1924), O Paxaro (1924-49), A Columna do Infinito (1933), O Espírito de Buda (1933) e A Galiña (1941).
Brancusi morreu en Francia. Atópase enterrado no cemiterio de Montparnasse, París.
Unha das súas obras foi vendida en 11.1 millóns de dólares estadounidenses.
Notas
editar- ↑ "Brancusi's Symbol of Joyce". www.themorgan.org (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2024.