A conxuntiva é unha capa de mucosa transparente que tapiza o interior das pálpebras e cobre a esclerótica anterior (branco dos ollos), chegando ata o limbo corneal, onde empeza a córnea. Está composta por un epitelio columnar estratificado non queratinozado con células caliciformes, de grosor variable segundo a parte da conxuntiva.

Conxuntiva
A metade superior da sección saxital da parte frontal do globo ocular. A conxuntiva (conjunctiva) é visible no centro esquerda.
Sección horizontal do globo ocular. A conxuntiva está na parte superior esquerda.
Latín tunica conjunctiva
Gray's pág.1026
Arteria arteria lacrimal, arterias ciliares anteriores
Nervio(s) nervio supratroclear
MeSH Conjunctiva
Imaxe do ollo humano mostrando os vasos sanguíneos da conxuntiva.
Hiperemia dos vasos sanguíneos superficiais da conxuniva.

Función

editar

A conxuntiva axuda a lubricar o ollo ao producir moco e bágoas, aínda que un volume menor de bágoas que a glándula lacrimal.[1] Tamén contribúe á vixilancia inmunitaria e axuda a impide a entrada de microbios no ollo.

Anatomía

editar

A conxuntiva divídese en tres partes:

Parte Área
Conxuntiva palpebral ou tarsal Tapiza as pálpebras.
Conxuntiva bulbar ou ocular Cobre o globo ocular sobre a esclerótica anterior. Esta rexión da conxuntiva está estreitamente unida á esclerótica subxacente pola cápsula de Tenon e móvese xunto cos movementos do globo ocular.
Conxuntiva do fórnix Forma a unión entre as conxuntivas bulbar e palpebral. Forma uns pregamentos profundos entre as pálpebras e o globo ocular, que son os fórnices superior e inferior. Esta zona é frouxa e flexible, e permite o libre movemento das pálpebras e o globo ocular.[2]

Innervación sensorial

editar

A innervación sensorial da conxuntiva divídese en catro porcións:[3]

Área Nervio
Superior
Inferior Nervio infraorbital
Lateral Nervio lacrimal (con contribución do nervio cigomaticofacial)
Circumcorneal Nervios ciliares longos

Histoloxía

editar

A conxuntiva consta tanto de epitelio escamoso estratificado non queratinizado (na zona do limbo corneal) coma de epitelio columnar estratificado non queratinizado (noutras partes), con células caliciformes dispersas.[4] A capa epitelial contén vasos sanguíneos, tecidos fibrosos, e canais linfáticos.[4] Nalgunhas zonas presenta invaxinacións con células mucosas, que se interpretan como glándulas lacrimais accesorias da conxuntiva, que producen constantemente a porción acuosa das bágoas.[4] Outras células presentes no epitelio conxuntivo son melanocitos, linfocitos T e B.[4] A lámina propia da conxuntiva é de tecido conxuntivo denso.

Enfermidades e trastornos

editar

Os trastornos da conxuntiva e a córnea son trastornos oculares comúns.

A superficie do ollo está exposta a varias influencias externas e é especialmente susceptible a traumas, infeccións, irritacións químicas, reaccións alérxicas e sequidade ocular (queratoconxuntivite seca).

A conxuntiva pode inflamarse debido a unha infección ou unha resposta autoinmune. Isto denomínase conxuntivite.

A irritación conxuntiva pode ocorrer por diversas razóns, como a sequidade dos ollos ou a sobreexposción a compostos orgánicos volátiles.

A leptospirose (infección por Leptospira) pode causar sufusión conxuntiva, que se caracteriza por quemose (inchamento), e ollos avermellados sen exsudados.

Coa idade, a conxuntiva pode estirarse e afrouxarse da esclerótica subxacente, o que orixina a formación de pregamentos da conxuntiva, unha condición chamada conxuntivocalase.[5][6]

A conxuntiva pode ser afectada por tumores que poden ser benignos, pre-malignos ou malignos.[7]

Galería

editar
  1. London Place Eye Center (2003). Conjunctivitis Arquivado 08 de agosto de 2004 en Wayback Machine..
  2. Eye, human Encyclopaedia Britannica
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2013. Consultado o 04 de agosto de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Goldman, Lee (2012). Goldman's Cecil Medicine (24th ed. ed.). Philadelphia: Elsevier Saunders. p. 2426. ISBN 1437727883. 
  5. "Conjunctivochalasis - Medical Definition". Medilexicon.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2012-11-13. 
  6. WL Hughes Conjunctivochalasis. American Journal of Ophthalmology 1942
  7. Biswas, J.; Varde, M. (2009). "Ocular surface tumors". Oman Journal of Ophthalmology 2: 1. doi:10.4103/0974-620X.48414. [1] Arquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1