Conxuntivite

inflamación da conxuntiva

A conxuntivite[1] é a inflamación da capa conxuntiva, membrana mucosa que recobre o interior das pálpebras e que se estende á parte anterior do globo ocular.[2]

Conxuntivite
Clasificación e recursos externos
Un ollo con concuntivite.
DiseasesDB3067
MedlinePlus001010
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etioloxía

editar

Segundo a súa causa, a conxuntivite clasifícase en:

  • Bacteriana: Diferentes bacterias poden ser responsables da infección. Na conxuntivite bacteriana os síntomas do ollo arroibado están xeralmente asociados con lagrimeo de cor verdoso ou amarelado. A miúdo, tamén están presentes síntomas tales como a conxestión dos seos paranasais e mucosidade nasal. As pálpebras poden edematizarse. Caracterízanse por secreción abondosa e amarelada, e formación de papilas na conxuntiva palpebral. Trátanse con hixiene ocular e antibióticos tópicos. A conxuntivite bacteriana é moi contaxiosa, pero xeralmente cúrase entre 7 e 10 días despois do comezo dos síntomas.[3]
  • Víricas: son as máis frecuentes, producidas xeralmente por adenovirus, con menos lagañas e posible afectación corneal dolorosa. Son moi contaxiosas e habitualmente remiten espontaneamente, aínda que se adoita pautar tratamento sintomático tópico (anti-inflamatorios) e lavados frecuentes. Son producidas polas mans, toallas ou até estornudos. Os síntomas son o avermellado dos ollos, eritema biocular, lagrimeo, costras amarelas, ollos con escleras hiperemicas, epifora, conxuntivas hiperemicas. Comprométese nalgúns casos a córnea. Un exemplo específico é a febre de Zika, causado polo virus de Zika e transmitido polo Aedes aegypti.
  • Alérxicas: tipicamente estacionais, distínguense por ter un importante proído, e por ter lagañas acuosas e frecuente asociación con sinusite.
  • Por corpo estraño: O mal uso dos lentes de contacto ou se non están correctamente desinfectadas, facilita a introdución dos microbios causando conxuntivite.
  • Traumáticas: As rascadelas e os golpes facilitan a sobre-infección conxuntival.

Cadro clínico

editar
 
Conxuntivite no ollo esquerdo.

Presentan unhas manifestacións comúns (avermellado, fotofobia e lagrimeo) e outras dependentes da súa causa (lagañas matutinas nas infecciosas, ganglios aumentados de tamaño nas víricas, proído nas alérxicas, etc.) cunha duración entre 1 e 3 semanas.

Tratamento

editar

Aínda que a infección bacteriana da conxuntivite ás veces non esixe antibióticos, os afectados deben ver un médico, xa que esta forma de conxuntivite está con frecuencia asociada con lesión corneal. A infección viral non se cura con antibióticos. A de tipo alérxico precisa usar antihistamínicos en forma de colirio. Os corpos estraños hai que extraelos, pero ó ser o ollo un órgano moi delicado isto só debe facelo un médico. A conxuntivite de orixe traumática precisa unha valoración e tratamento doutras lesións engadidas, especialmente a erosión corneal.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conxuntivite.
  2. "La conjuntivitis - La Hora". 
  3. "Conjuntivitis bacteriana". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 08 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1