Copa do Rei 2020 de hóckey a patíns
A Copa do Rei de hóckey a patíns 2020 será a 77ª edición da Copa do Rei. A competición, que debía disputarase entre os días 19 e 22 de marzo de 2020 na cidade galega da Coruña, foi aprazada pola epidemia de coronavirus rexistrada en España nos primeiros meses do ano. Será a segunda vez que se disputen de xeito conxunto as copas do Rei e da Raíña logo da edición precedente disputada na cidade catalá de Reus.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | Real Federación Española de Patinaxe |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
Localización | Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña) 43°22′N 8°25′O / 43.37, -8.42 |
País | España |
Número de edición | 77 (2020) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 7 |
Outro | |
Páxina web oficial | copashp.fep.es |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sede
editar- Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.
Todos os partidos da fase de grupos e da fase final celebráronse no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros, e que é o fogar do principal equipo de hóckey a patíns da cidade herculina e de Galiza, o Hockey Club Liceo.[1][2] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 m², baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[3][4] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[5]
Esta será a cuarta vez que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a fase final da Copa do Rei,[6][a] se ben o recinto acolleu en tres ocasións competicións internacionais de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988,[7] e unha vez o Campionato de Europa en 2018.[1]
Aprazamento da competición
editarO día 10 de marzo de 2020, a Real Federación Española de Patinaxe (RFEP) decidiu aprazar a competición copeira que debía disputarse na cidade galega entre o 19 e o 22 de marzo, seguindo as instrucións do Ministerio de Sanidad de España de celebrar todos os eventos deportivos a porta pechada.[8] Dous días despois, o 12 de marzo, o ente federativo emitiu un comunicado na súa páxina web no que informaba da suspensión cautelar de todas as competicións ata o 3 de abril con motivo da epidemia de coronavirus decretada en España e que motivou a declaración do estado de alarma en todo o territorio español por parte do presidente do goberno español Pedro Sánchez e que entrou en vigor o sábado 14 de marzo. No mesmo comunicado, a RFEP anunciaba como datas provisionais para a disputa da competición copeira, tanto en categoría feminina como masculina, entre o 4 e o 7 de xuño.[9][10]
Participantes e sistema de competición
editarNesta edición participarán un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2019-20. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga serán cabezas de serie no sorteo das eliminatorias.[11] Todas as eliminatorias disputaranse a partido único.
O xoves 30 de xaneiro ás 12:00 celebrouse o sorteo dos cuartos de final da competición, tanto en categoría masculina como na feminina. O escenario elixido para o acto foi o Palacio de María Pita e foi presentado polo cómico galego Xosé Antonio Touriñán, ademais contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramon Lete, o concelleiro de Deportes da Coruña Juan Ignacio Borrego, e o presidente da RFEP Carmelo Paniagua, así como xogadoras e xogadores dos equipos clasificados en ambas categorías.[12][13][14]
Os oito equipos participantes finalizaron co seguinte rexistro a primeira volta da OK Liga:[15]
Pos | Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Barça Lassa | 36 | 13 | 12 | 0 | 1 | 76 | 25 | +51 |
2 | Deportivo Liceo | 36 | 13 | 12 | 0 | 1 | 63 | 21 | +42 |
3 | Igualada Rigat | 25 | 13 | 8 | 1 | 4 | 58 | 47 | +11 |
4 | CE Noia Freixenet | 23 | 13 | 7 | 2 | 4 | 50 | 34 | +16 |
5 | Reus Deportiu Miró | 21 | 13 | 6 | 3 | 4 | 41 | 39 | +2 |
6 | Garatge Plana Girona | 20 | 13 | 5 | 5 | 3 | 35 | 45 | -10 |
7 | Recam Làser Caldes | 19 | 13 | 5 | 4 | 4 | 44 | 42 | +2 |
8 | Calafell Tot l’Any | 18 | 13 | 5 | 3 | 5 | 39 | 36 | +3 |
Cadro de competición
editarCuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
por determinar | ||||||||||
Deportivo Liceo | ||||||||||
por determinar | ||||||||||
Reus Deportiu Miró | ||||||||||
por determinar | ||||||||||
Igualada Rigat | ||||||||||
por determinar | ||||||||||
Calafell Tot l’Any | ||||||||||
por determinar | ||||||||||
Barça Lassa | ||||||||||
por determinar |
||||||||||
Garatge Plana Girona | ||||||||||
por determinar | ||||||||||
CE Noia Freixenet | ||||||||||
Recam Làser Caldes | ||||||||||
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018.
- ↑ "#okcoruna: Informations, Meetings and Media" (en inglés). World Skate Europe. 11 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018.
- ↑ "Corunha confirmada para o Europeu". hoqueipt.com (en portugués). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018.
- ↑ "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66.
- ↑ "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 "A Coruña, sede de la próxima edición de la Copa del Rey y de la Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 13 de novembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ Varela, María (7 de febreiro de 2018). "A Coruña opta al Europeo". La Opinión (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ "Las Copas del Rey y la Reina, aplazadas por el coronavirus". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "Comunicado oficial de la RFEP" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "Sánchez decreta el estado de alarma durante 15 días". El País (en castelán). 14 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "La Copa del Rey ya tiene a sus ocho elegidos". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019.
- ↑ "A Coruña acoge este 30 de enero el sorteo de la Copa de SM El Rey y de SM La Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "Sorteados los cuadros de competición de la Copa de S.M. El Rey y de S.M. La Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "El Liceo se estrenará ante el Reus en la Copa del Rey". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "El Liceo pasa la prueba de Reus" (en castelán). Mundo Deportivo. 18 de decembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019.