Coregonus lavaretus
Coregonus lavaretus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Coregonus lavaretus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus,[2][3][4] do que é a súa especie tipo.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo lavaretus.[2][3][4]
Sinónimos
editarAdemais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos:[2]
- Coregonus dispersus cognatus Fatio, 1885
- Coregonus lavaretus lavaretus (Linnaeus, 1758)
- Coregonus lavaretus maraenoides Berg, 1916
- Coregonus polcur brachymystax Smitt, 1883
- Coregonus rondeletii Valenciennes, 1848
- Salmo lavaretus Linnaeus, 1758 (protónimo)
Características
editarHai moitas diferenzas entre as diversas formas de Coregonus pero, en xeral, teñen un corpo afilado, un maxilar superior lixeiramente sobresaínte e unha aleta dorsal carnosa, típica dos salmónidos.
O fociño é curto e afiado, feito que distingue a esta especie das outras dúas especies de Coregonus do norte de Europa, Coregonus albula e Coregonus peled. O primeiro ten un maxilar inferior protuberante, mentres que, no segundo, ambos os maxilares teñen a mesma lonxitude.
O dorso de Coregonus lavaretus é de cor verde azulada ou apardazada, os flancos son prateados e o ventre branco. As aletas son de cor gris escura.
Raramente alcanza máis de 55 cm de longo ou supera os 2 kg de peso.[5]
Bioloxía
editarEndémico dos lagos Bourget e de Aiguebelette, na conca do río Ródano, en Francia, hai tempo tamén se encontraba no lago Léman.[1]
Coregonus lavaretus aliméntase principalmente de invertebrados que habitan no fondo, ou de zooplancto. Os espécimes máis grandes tamén consomen insectos que viven na superficie da auga e de alevíns. A reprodución realízase no outono, entre setembro e novembro, dependendo en gran medida da temperatura da auga.[5]
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que especie extinguiuse no lago Léman a principios do século XX e, aínda que non hai ameazas actuais nin futuras para a especie nos pequenos lagos Bourget e Aiguebelette, pero que a introdución de coregónidos alóctonos é unha ameaza potencial, cualifica o seu status como VU (vulnerábel).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Coregonus lavaretus na Lista vermella da UICN. Verisón 2021-3. Consultada o 7 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no BioLib. Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Whitefish. Coregonus lavaretus en NatureGate. (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coregonus lavaretus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coregonus lavaretus |
Bibliografía
editar- Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.