Corrosion of Conformity
Corrosion of Conformity (tamén coñecida como C.O.C.) é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Raleigh, Carolina do Norte e formada en 1982. Durante case toda a súa existencia a banda estivo composta polo guitarrista Woody Weatherman, o baixista Mike Dean, o batería Reed Mullin e o vocalista e guitarrista Pepper Keenan (que se uniu ao grupo en 1989). Despois dun hiato en 2006, Corrosion of Conformity regresou no 2010 sen Keenan, que actualmente está en Down.
Corrosion of Conformity | |
---|---|
Orixe | Raleigh, Carolina do Norte, |
Período | 1982 – 1987 1989 – 2006 2010 – presente |
Xénero(s) | sludge metal, stoner metal, crossover thrash, hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Sanctuary, Columbia, Metal Blade, Relativity, Caroline, Southern Lord, Nuclear Blast |
Membros | Reed Mullin Woody Weatherman Mike Dean Pepper Keenan |
Antigos membros | Karl Agell Phil Swisher Simon Bob Sinister Eric Eycke Robert Stewart Benji Shelton Jimmy Bower Jason Patterson |
Na rede | |
http://www.coc.com/ | |
Ata a data Corrosion of Conformity leva editados sete álbums de estudio, dous EPs, un recompilatorio e un álbum ao vivo. Os seus tres primeiros lanzamentos foron por selos independentes, e estes chamaron a atención de Columbia Records, coa cal asinaron en 1993, lanzando Deliverance, o seu disco máis exitoso ata a data, un ano máis tarde. Os seus seguintes tres álbum tamén foron un éxito de crítica. Corrosion of Conformity está actualmente traballando no seu oitavo álbum de estudio, o cal agardan editar durante o ano 2011.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Eye for an Eye | 1984 | No Core/Toxic Shock/Caroline Records |
Animosity | 1985 | Metal Blade Records |
Blind | 1991 | Relativity Records |
Deliverance | 1994 | Columbia Records |
Wiseblood | 1996 | Columbia Records |
America's Volume Dealer | 2000 | Sanctuary Records |
In the Arms of God | 2005 | Sanctuary Records |
Corrosion of Conformity | 2012 | Candlelight Records |
IX | 2014 | Candlelight Records |
No Cross No Crown | 2018 | Nuclear Blast |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 09 de xaneiro de 1998 en Wayback Machine. (en inglés)