Costa Rica
Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[1]
República de Costa Rica (es) | |||||
Himno | Himno nacional de Costa Rica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Vivan siempre el trabajo y la paz» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | San Xosé | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.044.197 (2022) (98,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51.179,92 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe e Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | Cerro Chirripó (3.820 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1821 | ||||
Santo padrón | Virxe dos Anxos | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Rodrigo Chaves Robles (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa de Costa Rica , (Escano: 57) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 64.616.482.168 $ (2021) | ||||
Moeda | colón costarriqueño | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cr | ||||
Prefixo telefónico | +506 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 e 112 | ||||
Código de país | CR | ||||
Páxina web | presidencia.go.cr | ||||
O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[2] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[2] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[3]
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Costa Rica.
Período precolombiano
editarOs historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[4]
A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[5] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[6]
O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.
Xeografía
editar- Artigo principal: Xeografía de Costa Rica.
Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co océano Pacífico. A Illa do Coco, no océano Pacífico, pertence a Costa Rica.
Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.
Goberno e política
editar- Artigo principal: Política de Costa Rica.
Poderes do Estado
editar- Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010)
- Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010)
- Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010)
- Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente
- Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.
- Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.
Partidos Políticos
editarActualmente os principais Partidos Políticos do país son:
Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e
Partido Acción Cidadá (PAC, centro).
Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.
Exército
editarEn 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.[7]
Subdivisións
editar- Artigo principal: Subdivisións de Costa Rica.
A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.
Provincias de Costa Rica. | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
# | Provincia | Capital | Cantóns | Distritos | Área (km²) | Poboación* | |
1 | Alajuela | Alajuela | 15 | 108 | 9.757,53 | 716.286 | |
2 | Cartago | Cartago | 8 | 48 | 3.124,67 | 432.395 | |
3 | Guanacaste | Liberia | 11 | 59 | 10.140,71 | 264.238 | |
4 | Heredia | Heredia | 10 | 46 | 2.656,98 | 354.732 | |
5 | Limón | Limón | 6 | 27 | 9.188,52 | 389.295 | |
6 | Puntarenas | Puntarenas | 11 | 57 | 11.265,69 | 357.483 | |
7 | San José | San José | 20 | 118 | 4.965,90 | 1 345 750 | |
* Censo do ano 2000 |
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Costa Rica.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A moeda de Costa Rica é o colón. 1 euro equivale a 578.72 colones.[8]
Demografía
editar- Artigo principal: Demografía de Costa Rica.
As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).
Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.
A principal relixión é o catolicismo.
O español é a lingua oficial.
Cultura
editar- Artigo principal: Cultura de Costa Rica.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ "Capital Facts for San José, Costa Rica". 18 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 07 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Amazon invests in Costa Rica as tiny nation carves out profitable niche in world economy". 11 de marzo de 2017.
- ↑ "The Investment Promotion Agency of Costa Rica". www.cinde.org.
- ↑ Botey Sobrado 2002, pp. 30–31
- ↑ Botey Sobrado 2002, p. 32
- ↑ Botey Sobrado 2002, pp. 32–33
- ↑ ""El 48" virtual « Novedades « Museo Nacional de Costa Rica". Museo Nacional de Costa Rica (en castelán). 2020-12-08. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ https://www.xe.com/es/currencyconverter/convert/?Amount=1&From=EUR&To=CRC Cotización euro-colón