Craseonycteris thonglongyai

Craseonycteris thonglongyai

Craseonycteris thonglongyai
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Craseonycteridae
Xénero: Craseonycteris
Especie: C. thonglongyai
Nome binomial
'Craseonycteris thonglongyai'
Hill, 1974

O Craseonycteris thonglongyai é unha especie ameazada de morcego,[1] orixinaria do oeste de Tailandia e o sueste de Birmania, onde vive en covas de cal, preto de ríos. É o único membro da familia Craseonycteridae.

Mide entre 29 e 33 milímetros de longo, e a súa masa é duns 2 gramos.[2] É a especie máis pequena de morcego, e pode tamén selo dentro de todos os mamíferos, dependendo de como se defina o tamaño. Os seus competidores máis próximos son as sorícidos, sobre todo a especie Suncus etruscus, que é máis liviá (1,2 a 2,7 g), pero é máis longa (36 a 53 mm cabeza e corpo).[3]

  1. 1,0 1,1 Chiroptera Specialist Group (1996). Craseonycteris thonglongyai. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 6 de xaneiro de 2011. Listed as Endangered (EN B1+2c, C2b v2.3)
  2. "Bumblebee bat (Craseonycteris thonglongyai)". EDGE Species. Arquivado dende o orixinal o 19-09-2015. Consultado o 6-01-2011. 
  3. "Mammal record breakers: The smallest!". The Mammal Society. Arquivado dende o orixinal o 13-07-2007. Consultado o 6-01-2011. 
  NODES
todo 3