Criptografía

Práctica e estudo de técnicas para unha comunicación segura en presenza de terceiros.

A criptografía é a ciencia que versa sobre a ocultación da información. Durante miles de anos as nacións levan dependendo de posuír dunhas comunicacións eficientes para artellar o goberno, mandar aos exércitos e dar resposta a posibles ataques de potencias inimigas. Moitos dos parágrafos da historia están escritos arredor de traizóns e conspiracións. A importancia de manter a información comprometedora en segredo levou a gobernantes de todas a época a desenvolver sistemas para conseguir confidencialidade e total segredo.

A máquina Enigma, utilizada na cifraxe e descifraxe de mensaxes secretas.

Dende un punto de vista menos filosófico a criptografía é o estudo de técnicas matemáticas relacionadas cos aspectos de seguridade da información, a fiabilidade, a integridade dos datos, a autenticación de entidades e a orixe dos datos. O nome de Criptografía provén do grego (kryptos, "ocultar", e grafos, "escribir", do que sae literalmente "escritura oculta").

Fundamentos da criptografía

editar

Un proceso criptográfico consiste en ocultar unha mensaxe dada, coñecida como texto en claro ou texto plano, producindo un resultado inintelixible para calquera observador alleo, non autorizado, á comunicación. Dito resultado é o criptograma. No proceso intervén un determinado método de codificación, algoritmo de cifrado, convenio entre os interlocutores e que modifica a mensaxe orixinal empregando unha chave.

Formalmente dise que un criptograma C é resultado de aplicar un algoritmo criptográfico E, que matematicamente pode entenderse como unha función, sobre o texto en claro M empregando unha chave dada K_e (o subíndice indica que a chave é para cifrar, deixando claro que non ten por que ser a mesma que a empregada para descifrar). Este proceso coñécese como cifrado.

 

Loxicamente un proceso criptográfico ten que ser invertible, ou do contrario non tería ningunha utilidade práctica. Por isto, debe existir unha maneira de recuperar a mensaxe orixinal M, a partir do criptograma C; resulta lóxico pensar que ese proceso resulta trivial coñecida a chave K_d. Ese proceso inverso chámase descifrado, en contraposición ao proceso anterior.

 

Mecanismos de cifrado

editar

Cifrado de substitución

editar

Un mecanismo de cifrado chámase de substitución cando establece unha correspondencia entre os caracteres nos que esta escrita a mensaxe orixinal e os caracteres doutro alfabeto ou alfabetos. Este segundo non ten por que ter diferente natureza que o primeiro, a fortaleza deste tipo de cifrados está nas relacións que se establecen entre os alfabetos orixe e destino.

Na recepción o destinatario coñece tamén esa correspondencia e pode establecer o proceso inverso para obter a mensaxe orixinal en claro, para poder lela.

Cifrado de transposición

editar

Este tipo de mecanismos criptográficos “descolocan” os símbolos da mensaxe en claro, xeralmente dispoñéndoos en forma matricial, seguindo unha regra que conforma a chave en si mesma. Esta chave debe ser coñecida por ambos interlocutores para que o método sexa útil.

Cifrado en fluxo

editar

Cifrado en bloque

editar

Protocolos que usan a criptografía

editar

Algoritmos

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
Association 1
INTERN 1
todo 4