Crise do petróleo de 1973
A crise do petróleo de 1973 comezou en outubro de 1973 cando os membros da Organización dos Países Árabes Exportadores de Petróleo (OPAEP) proclamaron un embargo petrolífero. O embargo dirixiuse contra as nacións que se consideraba que apoiaron a Israel durante a Guerra do Yom Kippur.[1] Os países obxectivo do embargo foron inicialmente o Canadá, o Xapón, os Países Baixos, o Reino Unido e os Estados Unidos, co embargo tamén máis tarde expandíndose a Portugal, a Rodesia e a Suráfrica. Ata o final do embargo, en marzo de 1974, o prezo do petróleo subiu dos 3 dólares por barril a preto de 12 no mundo enteiro; os prezos nos Estados Unidos foron aínda maiores.[2] O embargo causou unha crise de petróleo, ou "choque", con moitos efectos de curto ou longo prazo na política e economía global. Máis tarde, chamouse o "primeiro choque do petróleo", seguido pola crise do petróleo de 1979, que se chamou o "segundo choque do petróleo".
Contexto
editarO declive da produción estadounidense de petróleo
editarA produción de petróleo estadounidense comezou a diminuír durante a década de 1980, agravando o impacto do embargo.
OPEP
editarA Organización dos Países Exportadores de Petróleo (OPEP), que estaba composta por 12 países, incluíndo Irán, sete países árabes (Iraq, Kuwait, Libia, Qatar, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos), alén de Venezuela, Indonesia, Nixeria e Ecuador, formárase na Conferencia de Bagdad o día 14 de setembro de 1960. A OPEP organizouse para resistir á presión exercida polas "Sete Irmás" (sete grandes empresas de petróleo do occidente) para reducir os prezos do petróleo.
Guerra do Yom Kipur
editarO día 16 de outubro de 1973 Siria e Exipto realizaron un ataque sorpresa a Israel. Semanas despois o xa persa, nesa época aliado estadounidense e segundo maior exportador de petróleo aos Estados Unidos, dixo nunha entrevista: "Claro que [o prezo do petróleo] irá aumentar. Certamente! E como! [...] Vostedes [occidentais] aumentaron o prezo do trigo que venden nun 300%, o mesmo se fixo para o azucre e o cemento [...] Vostedes compran o noso petróleo cru e venden de volta [...] a centenares de veces o prezo que nos pagaron [...] É xusto que vostedes paguen máis polo petróleo de agora en diante."[3]
O 12 de outubro de 1973, o presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon autorizou Operación Nickel Grass, un transporte aéreo estratéxico para entregar armas e subministracións a Israel, despois de que a Unión Soviética comezase a enviar armas a Siria e Exipto.
Historia
editarO embargo foi unha resposta para o envolvemento estadounidense na guerra do Yom Kippur en 1973. Seis días despois de Exipto e Siria lanzaren unha campaña militar sorpresa contra Israel, os Estados Unidos forneceron armas a Israel. En resposta a isto, a Organización dos Países Árabes Exportadores de Petróleo (OAPEP, que comprendía os membros árabes da OPEP, alén de Exipto e Siria), anunciou un embargo do petróleo contra o Canadá, o Xapón, os Países Baixos, o Reino Unido e os Estados Unidos.[4]
A crise tivo un impacto importante nas relacións internacionais e creou unha división na OTAN. Algúns paísess europeos e o Xapón procuraron apartarse da política exterior estadounidense no Oriente Medio para evitaren ser albo do boicot. Os produtores de petróleo árabes ligaron calquera futuras alteracións na política á paz entre os belixerantes. Para resolver iso, a administración Nixon iniciou negociacións multilaterais cos combatentes, convencendo Israel a retirar as posicións na península do Sinaí e nos outeiros do Golán. Ata o 18 de xaneiro de 1974, o Secretario de Estado Henry Kissinger negociou unha retirada das tropas israelís de partes do Sinai. A promesa dunha solución negociada entre Israel e Siria foi suficiente para convencer os produtores de petróleo árabes de rematar co embargo en marzo de 1974.
O embargo ocorreu nun momento de crecente consumo de petróleo por parte dos países industrializados, e coincidiu cun forte aumento nas importacións de petróleo polos Estados Unidos. O éxito do embargo demostrou o poder diplomático e económico da Arabia Saudita e resultou en varios países mudando as súas políticas enerxéticas para evitar unha futura dependencia.
Embargo
editarEn resposta ao auxilio americano a Israel, a OPEP elevou o prezo do petóleo un 70% o día 16 de outubro de 1973 ata 5,11 dólares o barril.[5] Arabia Saudita e os outros estados árabes produtores de petróleo uníronse ao embargo o día 20 de outubro de 1973.[6]
Tamén se impuxeron aumentos de prezos. Como a curto prazo a demanda do petróleo é inelástica, a demanda inmediata cae pouco cando o prezo sobe. Así, os prezos de mercado subiron de 3 dólares por barril a 12 para axustar a demanda ao novo fornecemento máis baixo.[7] O sistema financeiro mundial, que xa estaba baixo a presión do colapso por Bretton Woods, definiuse nun camiño de recesión e inflación, que persistiu ata o inicio da década de 1980, cos prezos do petróleo permanecendo elevados ata 1986.
Efectos
editarEfectos económicos inmediatos
editarA OPEP forzou as empresas de petróleo a aumentar os pagamentos drasticamente. O prezo do petróleo cuadruplicouse a preto de 12 dólares por barril (58 dólares axustando a inflación) en 1974.[8]
O embargo tivo unha influencia negativa sobre a economía dos Estados Unidos, causando demandas inmediatas para lidar coas ameazas á súa seguranza enerxética.[9] A nivel internacional, o aumento de prezos alterou a competitividade de moitas industrias (por exemplo, de automóbiles e de paneis solares). Os problemas macroeconómicos consistiron en impactos tanto na inflación como na deflación. O embargo deixou as empresas petrolíferas interesadas en procurar novas maneiras para aumentar a oferta de petróleo, mesmo en terreo accidentado como o Ártico.[10]
Notas
editar- ↑ Smith, Charles D. (2006), Palestine and the Arab–Israeli Conflict, New York: Bedford, p. 329.
- ↑ "OPEC Oil Embargo 1973–1974". Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ Smith, William. D. "Price Quadruples for Iranian Crude Oil at Auction", The New York Times, 12 de decembro de 1973.
- ↑ "Responding to Crisis". 26 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ Yergin 2008, p. 587
- ↑ Lenczowski 1990, p. 130
- ↑ Frum 2000, p. 318
- ↑ "The price of oil – in context". CBC News. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2007. Consultado o 29 de maio de 2007.
- ↑ Ikenberry 1986, p. 107
- ↑ Hirsch, Robert L. (1987). "Impending United States Energy Crisis". Science 235 (4795): 1467–1473 [p. 1467]. PMID 17775008. doi:10.1126/science.235.4795.1467.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crise do petróleo de 1973 |
Bibliografía
editar- Ammann, Daniel (2009). The King of Oil: The Secret Lives of Marc Rich. Nova York: St. Martin's Press. ISBN 978-0-312-57074-3.
- Blinder, Alan S. (1979). Economic Policy and the Great Stagflation. Nova York: Academic Press.
- Bromley, Simon. (1991). American Hegemony and World Oil: The Industry, the State System, and the World Economy (Pennsylvania State UP)
- Eckstein, Otto (1979). The Great Recession. Amsterdam: North-Holland.
- Frum, David (2000). How We Got Here: The '70s. New York: Basic Books. ISBN 978-0-465-04195-4.
- Ikenberry, G. John (1986). "The Irony of State Strength: Comparative Responses to the Oil Shocks in the 1970s". International Organization 40 (1): 105–137. doi:10.1017/S0020818300004495.
- Lenczowski, George (1990). American Presidents and the Middle East. Duke University Press. ISBN 978-0-8223-0972-7.
- Licklider, Roy (1988). "The Power of Oil: The Arab Oil Weapon and the Netherlands, the United Kingdom, Canada, Japan, and the United States". International Studies Quarterly 32 (2): 205–226. JSTOR 2600627. doi:10.2307/2600627.
- Masouros, Pavlos E. (2013). Corporate Law and Economic Stagnation: How Shareholder Value and Short-termism Contribute to the Decline of the Western Economies. Eleven International Publishing.
- Painter, David S. (2014) "Oil and geopolitics: The oil crises of the 1970s and the cold war." Historical Social Research/Historische Sozialforschung (2014): 186–208. online
- Randall, Stephen J. United States foreign oil policy since World War I: For profits and security (Montreal: McGill-Queen's Press-MQUP, 2005).
- Rupert, Mark E.; Rapkin, David P. (1985). "The Erosion of U.S. Leadership Capabilities", in Johnson, Paul M.; Thompson, William R., eds. Rhythms in Politics and Economics. Nova York: Praeger.
- Stern, Roger J. (2016) "Oil Scarcity Ideology in US Foreign Policy, 1908–97" Security Studies 25.2 (2016): 214–257.
- Yergin, Daniel (2008). The Prize: The Epic Quest for Oil, Money, and Power. New York: Simon and Schuster.