Cristianismo evanxélico
O evanxelicalismo, evanxelismo, cristianismo evanxélico ou protestantismo evanxélico é un movemento transdenominacional dentro do cristianismo protestante que argúe que a esencia do Evanxeo consiste na doutrina da salvación por graza a través da fe na expiación de Xesús de Nazaret.[1][2][3] Os evanxélicos cren na centralidade da conversión ou na experiencia de «nacer de novo» cando se recibe a salvación, na autoridade da Biblia como a revelación de Deus á humanidade e na difusión da mensaxe cristiá. No ano 2017, había 630 millóns de fieis en todo o mundo.[4]
Historia
editarO movemento gañou gran pulo nos séculos XVIII e XIX co Primeiro e Segundo Grande Espertar, no Reino Unido e en América do Norte, respectivamente.[5] As orixes do movemento evanxélico adóitanse trazar até o metodismo inglés, a Igrexa de Moravia (en particular, a teoloxía do seu bispo Nicolaus Ludwig von Zinzendorf) e ó pietismo luterano. Entre os líderes e principais figuras do movemento evanxélico protestante atópanse John Wesley, George Whitefield, Jonathan Edwards, Billy Graham, Harold John Ockenga, John Stott e Martyn Lloyd-Jones.[6]
Notas
editar- ↑ Oxford University, ed. (1978). The Concise Oxford Dictionary of the Christian Church (en inmglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-192-11549-2.
- ↑ Pazmino, Robert (2002). Principios y Prácticas de la Educación Cristiana: Una Perspectiva Evangélica. Wipf and Stock Publishers. ISBN 978-1-592-44033-7.
- ↑ Lopez, Mario René (1993). "Evangelicalismo y Neo-Pentecostalismo Independiente". Historia y mision del protestantismo hondureno. San Xosé, Costa Rica: Visión Mundial Internacional, Oficina Regional.
- ↑ CNEF, GLOBAL STATISTICS 2017 Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine., lecnef.org, France, consultado o 18 de novembro de 2017
- ↑ "Protestantes, evangélicos y pentecostales: aclaraciones conceptuales preliminares en un campo de investigación social" (36). ISSN 0123-4870.
- ↑ An introduction to German pietism : Protestant renewal at the dawn of modern Europe (en inglés). Johns Hopkins University Press. ISBN 1421408309.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |